Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenado a un ano e medio de prisión o dono dunha centro ecuestre polo accidente grave dun traballador

02-11-2016 - SENTENZA

O propietario do centro ecuestre situado en Gondomar, aceptou a condena de un ano e medio de prisión por un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes tras un pacto de conformidade da defensa coa fiscal e as dúas acusacións particulares - a da nai do falecido e a dos seus dous fillos-.

Ademais, impoñeránselle seis meses de inhabilitación para o exercicio da administración e xerencia de picaderos de cabalos.

No que non houbo acordo foi no relativo á responsabilidade civil, nas indemnizacións para pagar aos familiares do traballador, polo que o xuízo no Xulgado do Penal número 3 de Vigo se celebrou para dirimir esta parte, que se resolverá en sentenza. Para o pago das indemnizacións pídese a responsabilidade civil directa da aseguradora.

O accidente laboral produciuse en xaneiro de 2015, cando o mozo de cuadra se precipitou dende unha altura de dous metros e medio ao ceder un tellado de uralita cando se dirixía ao xerador principal para acendelo e sufriu graves lesións que lle deixaron en estado vexetativo ata que faleceu 16 meses despois do sinistro.

A acusación sinala que o centro carecía de plan de prevención de riscos laborais e de servizo de prevención, sen que os empregados fosen formados nese sentido. O centro de traballo tampouco era seguro -o tellado de uralita supoñía, como ocorreu, un evidente risco de caída dende altura dada a fraxilidade do seu material-. Un perigo, insiste o Ministerio Público, que non foi advertido polo acusado de ningún xeito: O acusado organizou o traballo de tal maneira que debían pasar á beira do tellado cada vez que acudían ao xerador principal para acendelo e dar electricidade aos equipos electrónicos e ás luces.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS