Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condenada unha mutua ao pago da prestación a unha auxiliar que sufriu unha lumbalxia no traballo

22-10-2019 - SENTENZA

O TSXPV emitiu unha sentenza pola que condena a unha mutua ao pago das prestacións por accidente de traballo dunha auxiliar de xeriatría nunha residencia da terceira idade de Bilbao.

En abril de 2018, a auxiliar, sufriu un tirón lumbar ao baixar a unha usuaria da residencia en cadeira de rodas polas escaleiras do portal. As citadas escaleiras carecían de rampla para este tipo de accesorios, polo que as cadeiras habían de baixarse pola propia escaleira e facendo forza para que non caesen.

A mutua Fraternidade- Muprespa "optou por non recoñecer a orixe profesional da doenza, prexudicando economicamente á traballadora e obrigándolle a acudir a Osakidetza, entidade que optou por expedir un parte de baixa por continxencia común ante a  inacción e o deixamento da mutua e a imposibilidade da traballadora para realizar as súas tarefas".

A central sinala que "para ocultar a orixe profesional da doenza, a mutua tentou argumentar que a traballadora manifestaba doenzas previas nas costas e que non existiu un mecanismo lesivo causal, tipo traumatismo ou similar."

A sentenza considera estes argumentos "sumamente débiles" e non os admite  establecendo que "aínda que a traballadora estaba diagnosticada de doenzas previas, o tirón lumbar sobreveu no traballo, considerándose un accidente de traballo por producirse no desempeño do mesmo”, constituíndo tamén un agravamento dunha enfermidade preexistente producido no traballo.

A sentenza recolle tamén que a lexislación vixente establece que o alcance do concepto de accidente de traballo tamén afecta “as enfermidades ou alteracións dos procesos vitais que poden xurdir no traballo”.

Fonte: cadenaser.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS