Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condena ao Servicio Galego de Saúde (Sergas) por non intentar evitar a sobrecarga laboral dun médico

26-07-2019 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a pagar 15.000 euros de indemnización a un pediatra que sufriu unha incapacidade temporal (IT) por sobrecarga laboral. O tribunal entende que a Administración non tentou paliar a situación de profesional, cunha actitude de “pasividade e caso omiso”, e isto supón un incumprimento da normativa de prevención laboral.

En 2016 un xulgado de Ourense recoñeceu ao médico que a súa retinopatía era un accidente do traballo derivado da sobrecarga laboral que sufría.

Dáse a circunstancia de que en 2011 xa interpuxera unha denuncia xunto coa enfermeira ante a dirección asistencial pola sobrecarga laboral e en 2013 e 2014 o servizo da unidade mental diagnosticoulle tensión laboral e ansiedade secundaria. En 2015 foi cando sufriu a enfermidade que lle causou a  IT.

O tribunal observa que non se detecta que o Sergas tentase poñer medidas paliativas antes da baixa do profesional e lembra que a patoloxía que sufriu está asociada a situacións de tensións.

Ademais, o  TSXG destaca que os servizos de prevención laboral realizaron unha avaliación do centro do profesional pero omitiron a análise de riscos psicosociais. E aínda que recoñece que isto non implica relación de causalidade, “serve como manifestación da pasiva actitude da demandada”.

Fonte: Diario Médico

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS