Financiado por:
/ Portada / Delegados

Condeados por non adoptar medidas “máis aló de esixencias regulamentarias” para impedir un accidente laboral

02-09-2015 - Accidente laboral

A Sala do Social do TS condenou a unha empresa de traballo temporal por non adoptar as medidas necesarias para impedir o accidente dunha traballadora. Na sentenza, afirmase que corresponde á traballadora, segundo as súas posibilidades, observar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade. Así mesmo, a empresa debe realizar unha vixilancia idónea sobre o cumprimento por parte dos traballadores das normas de prevención, "non tratándose dunha mera obrigación formal que se cumpra justificando posuír uns detallados plans de seguridade e saúde se non se constata que os mesmos son efectivamente aplicados e que os concretos traballadores foron plenamente instruídos, nin basta con entregar equipos de protección ou outros medios adecuados se non se vixía eficazmente a súa utilización tolerando o seu non emprego ou o seu inadecuado uso".

O accidente produciuse cando, a traballadora introduciu a man por baixo da protección da máquina contracoladora quedando esta atrapada entre os rodetes que prensan o cartón. Outro traballador parou a máquina, accionando os botóns para casos de emerxencia, pero a muller non puido sacar a man ata que separaron os rodetes. O accidente deu luar a  un grave traumatismo por esmagamento do membro superior esquerdo da traballadora.

A empresa atribuíu o accidente a unha distracción ou falta de atención por parte da traballadora que non respetou a limitación imposta pola protección fixa da máquina.

Nunha primeira sentenza, do TSJ de Madrid, de 30 de decembro de 2013,se  indicaba que non houbo responsabilidade empresarial porque a máquina era axeitada e a traballadora recibira a correspondente formación e información para a súa manexo. Apoiouse no informe pericial que atribuíu o accidente, ocorrido na última hora da xornada do venres, ao cansazo físico e mental da traballadora.

A Sala do Social estima agora o recurso de casación interposto pola traballadora e anula a sentenza do TSJ de Madrid antes mencionada e considera que o empresario non cumpriu coa súa obriga de proporcionar á traballadora unha protección eficaz en materia de seguridade e hixiene ao non acreditar que adoptou "as medidas de protección necesarias, calquera que elas foran" para impedir o accidente, posto que non protexeu á traballadora "fronte aos seus propios descoidos e imprudencias non temerarias".

Así os codemandados, empresa de traballo temporal e empresa usuaria, non acreditaron "esgotar toda dilixencia exixible, máis aló -mesmo- das esixencias regulamentarias" para impedir o accidente. Neste sentido afirma que "non bastou coa formación teórica e práctica que a empresa de traballo temporal impartiu á traballadora e estende a responsabilidade á empresa usuaria por non esgotar tampouco toda a dilixencia exixible no uso da máquina, que aínda que formalmente parecese idónea, non se detén automaticamente cando se atasca e que permite introducir, aínda que sexa por lugar inadecuado, até un brazo da traballadora sen deterse".

A ETT terá que pagar á muller, de forma solidaria coa empresa na que traballaba, unha indemnización de 184.021 euros, máis os intereses desde a data de presentación da demanda, dos que a aseguradora abonará 90.000 euros.




Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS