Financiado por:
/ Portada / Delegados

Campañas da Inspección de Traballo en Ontario

15-05-2015 - Saúde laboral

O Ministerio de Traballo de Ontario ten estabelecida unha estratexia denominada “Seguridade no Traballo Ontario” que pretende concienciar sobre os riscos nos lugares de traballo. O Ministerio anuncia con antelación o obxectivo a inspeccionar, sen indicar os lugares de traballo sobre os que se materilizará a inspección. O fin último destas campañas é fortalecer o cumprimento da Lei de Seguridade e Saúde e os regulamentos asociados.

A finais do ano 2014, o Ministerio de Traballo realizou unha campaña relámpago centrada na verificación da existencia e adecuación dos mecanismos de seguridade das máquinas. Así os inspectores revisaron se os empresarios/as adoptaban  medidas de identificación e eliminación de riscos en máquinas non provistas de dispositivos de seguridade ou que non se podían bloquear correctamente; ao mesmo tempo  comprobaron se os empleadores/as cumplían coa Lei de Saúde e Seguridade e os seus regulamentos.

Como empresas obxectivo da campaña se priorizaron aquelas nas que se sabía que tiñan maquinaria, as que realizaban procesos ou empregaban materiais perigosos, foran obxecto de queixas ou contaban cun historial de imcumprimentos.

Así en algo máis dun mes, os inspectores realizaron 821 visitas a 676 lugares de traballo, emitindo 3.669 requirimentos en relación coa Lei de Seguidade e Saúde e os seus regulamentos; se ordeou a paralización dos traballos en 112 casos e varios lugares de traballo foron inspeccionados en varias ocasións.

Os tipos de requirimentos máis comúns foron os relacionados coa falla de dispositivos de seguridade en puntos de posible atrapamento e outras partes perigosas de máquinas, as malas condicións de equipos, materiais e dispositivos de seguridade ou a falla de precaucións razoables que garantan a protección dos traballadores/as.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS