Financiado por:
/ Portada / Delegados

Bélxica prohibe os móbiles especificamente deseñados para nenos

16-05-2014 - HIXIENE

O pasado día 28 de febreiro informamos das medidas restritivas previstas en Francia fronte aos riscos para os nenos da exposición ás ondas electromagnéticas, onde se expoñen prohibir a presenza de WIFI nas gardarías. Pois os belgas adiantáronselles. En outubro de 2013 dous decretos introducían dous tipos de regulación.

O primeiro deles obriga a que os teléfonos móbiles veñan provistos dunha etiquetaxe que indique o nivel de emisión de radiacións electromagnéticas.

Establécense cinco categorías, da A á E, en orde decrecente de absorción de potencia, dende < 0,4 W/kg na categoría A, até entre 1,6 e 2 W/kg na categoría E.  Ademais, nos puntos de venda deberá exhibirse un poster no que se explique claramente o concepto de potencia absorbida (SAR, specific absorption rate), as categorías do mesmo e recomendando utilizar o móbil empregando un auricular e elixir un teléfono da categoría máis segura.

O segundo decreto prohibe a venda de móbiles especificamente deseñados para ser usado por nenos pequenos (de menos de sete anos), con teclas grandes, funcións simples, etc.

Estas medidas son unha resposta á decisión da IARC tomada no ano 2011 de clasificar as radiacións electromagnéticas asociadas ao uso de teléfonos móbiles como sospeitosas de ser canceríxenas (categoría 2B).

As disposicións anteriores entraron en vigor o día 1º de marzo de 2014.

 

Fonte: Saferemr

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS