Financiado por:
/ Portada / Delegados

Avance da VII Enquisa de Condicións de Traballo

27-06-2012 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo presenta un avance dos resultados da VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo de 2011. Os datos da Enquisa recolléronse en 2011 entrevistando a un total de 8.892 traballadores ocupados para coñecer cal é a súa percepción sobre as condicións de seguridade e saúde que teñen nos seus postos de traballo.

Entre os indicadores que se desprenden da Enquisa encóntranse:


 

Os resultados globais da enquisa mostran unha evolución dos riscos para a seguridade e a saúde dos traballadores similar á producida na maioría dos países europeos. Así, a percepción dos traballadores sobre os riscos a que están expostos apenas sofre cambios respecto aos riscos tradicionais tales como os de accidente, contaminación de orixe química, ou exposición a axentes físicos.



Polo que se refire aos esforzos preventivos levados a cabo nestes anos nas empresas españolas o balance é crecentemente satisfactorio. Máis proporción de traballadores dispoñen hoxe dun representante específico para facilitar a súa participación na mellora da seguridade e saúde no traballo, e as actividades preventivas como a vixilancia da saúde, a formación e información e a avaliación de riscos mostran unha crecente cotianidade nos centros de traballo.


En breve, publicaranse os resultados da Enquisa na páxina web do INSHT.

 

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS