Financiado por:
/ Portada / Delegados

As condicións de traballo como factores de risco de desenvolvemento de cancro

05-12-2012 - SAÚDE LABORAL

Entre o dous e o oito por cento dos cancros podería ter na súa orixe unha causa laboral, segundo evidenciaron os expertos do Observatorio Europeo de Patoloxía de Mama da Fundación Tejerina no seu informe 'Cancro de mama, Traballo e Sociedade'.

Así o aseguraron os especialistas durante o VII Seminario Internacional e Interuniversitario de Biomedicina e Dereitos Humanos, celebrado en Madrid, que organizou esta fundación coa Ortega-Marañón.

Nel, explicaron que o traballo nocturno ou por quendas durante longos períodos de tempo "pode ser un factor de risco" de aparición dun tumor.

A causa diso, consideran que pode ser "a menor exposición á luz natural e, polo tanto, o déficit da melatonina que sofren estas persoas". Non obstante, recoñecen que "non sempre é doado establecer unha única causa".

O director da Aula de Estudos Avanzados da Fundación Tejerina e presidente do comité científico desta cita, o doutor Fernando Bandrés, sinala que este traballo "incide sobre aspectos preventivos e de diagnóstico precoz do cancro no ámbito laboral". Ao seu xuízo, "pon a énfase na importancia do seguimento coordinado e multidisciplinar desta patoloxía e na repercusión laboral e social que leva consigo".

E é que, no ámbito ocupacional se detectaron preto de 22 substancias canceríxenas, que se encontran, entre outros, "en traballos relacionados coa explotación forestal, fábricas de mobles e fixacións, manufacturas de minerais non metálicos, cerámica e olaría, transporte aéreo e acuático ou construción", sostén a coordinadora desta monografía e directora do Grupo de Investigación en Medicina do Traballo da Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo, a doutora Teófila Vicente-Herrero.

A radiación, á cola

"As exposicións máis frecuentes adoitan ser á radiación solar, ao fume do tabaco ambiental, ao po de madeira, aos fumes de escape do motor diesel, ao chumbo, á fibra de vidro ou ao benceno," continúa a experta.

Non obstante, nos últimos anos "estase a sinalar como outro posible factor risco de aparición do cancro ocupacional a radiación magnética", advirte.

Ante todo o anterior, os expertos da Fundación Tejerina expoñen as políticas de prevención existentes en España, polas cales "está regulada "a protección dos traballadores que polas súas características persoais ou o seu estado biolóxico sexan sensibles aos posibles riscos derivados do traballo".

Por último, sinalan que a incidencia do cancro está aumentado, e a Organización Mundial da Saúde "estimou que no ano 2020" podería "mesmo" aumentar "un 15 por cento".

Concretando no tumor de mama, manifestan que podería chegar a afectar a unha de cada nove mulleres ao longo da súa vida". Non obstante, o membro da Unidade de Diagnóstico por Imaxe da Muller, Patoloxía Mamaria e Xinecoloxía da Fundación Jiménez Díaz de Madrid, o doutor Alejandro Tejerina, conclúe que a concienciación social, os programas de detección precoz e a mellora dos procedementos diagnósticos "pode facer que esta situación en certo xeito se free e se poidan evitar un terzo das defuncións por cancro no mundo".

 

Fonte: publico.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS