Financiado por:
/ Portada / Delegados

Apple manda inspeccionar as fábricas chinesas onde se ensamblan iPhone e iPad

16-02-2012 - SAÚDE LABORAL

Apple anunciou que, a petición propia, a Fair Labor Association (FLA), unha entidade sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é acabar coas prácticas de explotación no mundo, auditará as fábricas de Foxconn, Quanta e Pegatron onde a compañía da mazá ensambla os seus produtos. Estas factorías, en especial as de Foxconn, foron duramente criticadas polas súas prácticas laborais que levaron a polo menos unha decena dos seus traballadores ao suicidio nos últimos dous anos.

O traballo desta organización levarase a cabo a través de entrevistas persoais con empregados ao redor das súas condicións de traballo, saúde, seguridade, remuneración, horario e mesmo relacións cos seus superiores. Ademais, inspeccionaranse tanto as zonas de traballo como as de descanso así como documentos sobre os procedementos dos fabricantes. Estes, segundo a nota de Apple, comprometeuse a facilitar o acceso á FLA a toda a información e instalacións.


Esta inspección laboral arrincará na factoría de Foxconn en Shenzen, seguirá por outras desta mesma compañía chinesa e despois, xa na primaveira, procederase a analizar as de Quanta e Pegatron, en China e Taiwan. Con iso revisaranse, segundo a compañía de Cupertino, as factorías onde se fabrican o 90% dos produtos de Apple.


 Como é habitual na Fair Labor Association, os resultados deste traballo publicaranse na súa páxina web en marzo. Apple é, desde xaneiro, a primeira compañía tecnolóxica admitida nesta organización que vela de forma independente por uns estándares mínimos nos lugares de traballo en todo o mundo, e con esta nova medida, que os expertos cualifican como un bo primeiro paso, segue a liña marcada pola publicación, a finais de 2011, dun completo informe sobre as condicións e responsabilidade dos seus provedores.


O polémico Foxconn


Como case todas as compañías de tecnoloxía importantes, os produtos de Apple son fabricados por provedores de gran tamaño como a taiwanesa Foxconn. Esta compañía, que emprega a máis dun millón de persoas e opera en enormes fábricas en China, estivo baixo escrutinio nos últimos anos debido ás condicións de traballo.


 Foxconn fabrica produtos de Amazon, Microsoft, Apple, Sony e HP, entre outros.


 

o mundo.é

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS