Financiado por:
/ Portada / Delegados

Alimentación para loitar contra o estrés

26-06-2012 - SAÚDE

Para o ser humano, superar desafíos e buscar alcanzar metas cada vez máis altas, é unha fonte de satisfacción e pracer. O problema preséntase cando os desafíos son cada vez maiores e ao enfrontalos exponse a nosa saúde, afectamos a calidade de vida. Aquí é cando comezan a incrementarse os niveis de estrés.

O estrés é a resposta que emite un organismo ante estímulos percibidos como ameazantes. Moitas veces aumenta o estrés cando desexamos algo e non logramos alcanzalo, ou cando hai incerteza en relación ao futuro, etc.



Adrenalina e Cortisol son as hormonas responsables dos efectos corporais que xera o estrés. Nun primeiro momento, o corpo reacciona fronte ao estrés preparándose para "loitar ou fuxir".


O problema a nivel saúde xérase cando o estrés é permanente ou crónico, como é moi frecuente hoxe en día debido ao ritmo de vida que levamos, dispáranse no organismo os niveis de cortisol. Aumentará o apetito, mostrando maior preferencia por alimentos altos en hidratos de carbono e calorías, xerará perda de tecido muscular e estimulará a acumulación de graxa abdominal para recuperar as reservas perdidas.


O estrés laboral é considerado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) unha epidemia global. Esta problemática xera problemas de saúde, absentismo e custos tanto para empresas coma para as sociedades que o sofren.

 

Consellos para combater o estrés laboral:


Unha alimentación saudable pode contrarrestar os efectos do estrés, aumentando as defensas e diminuíndo os efectos adversos. Simplemente, manter unha dieta saudable e equilibrada na que se seleccionan os alimentos axeitados, ricos en vitaminas, minerais, fibras e triptófano, así como baixas doses de cafeína, alcohol e tabaco.

 


Fonte: Lic. Mariana Patron Farias

www.nutrim.com.ar

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS