Financiado por:
/ Portada / Delegados

A prevención de riscos laborais dende a perspectiva da saúde pública

22-10-2013 - SAÚDE LABORAL

Aínda que a prevención de riscos laborais desenvolva as súas actuacións no ámbito dos centros de traballo, unha perspectiva máis ampla inscríbea no ámbito da saúde pública.

En España, faino así, por exemplo, a Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, en cuxo preámbulo pode lerse que "se establecen así mesmo as accións en materia de saúde laboral para conseguir a mellor prevención de riscos no ámbito laboral, e en coherencia co disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e complementándoa se facilita a promoción da saúde nese mesmo ámbito. A promoción e protección da saúde laboral, así como a prevención dos factores de risco neste ámbito, deben ser contempladas na carteira de servizos da saúde pública", detallándose as devanditas accións nos artigos 32, 33 e 34.

Dende ese punto de vista, resulta de interese o informe que sobre Interaccións entre saúde e traballo elaborou en Francia, a Inspection Générale deas Affaires Sociales (IGAS), dependente do Ministerio de Traballo.

O seu obxectivo era o de establecer un panorama dalgúns temas susceptibles de facer progresar a articulación entre a saúde laboral, a saúde ambiental e a saúde pública.

Para iso elixíronse catro ámbitos concretos de análise: as relacións entre saúde laboral e as nanopartículas, as adiccións (tabaco, alcohol,…), as enfermidades cardiovasculares e a poliartrite reumatoide.

Os autores propoñen catro liñas nas que se poderían emprender accións de mellora: en primeiro lugar, mellorar os coñecementos sobre o impacto das condicións de traballo sobre a saúde, particularmente débiles nalgúns campos, como o das enfermidades cardiovasculares, acerca das cales algúns estudos sinalaron que unha mellora das condicións de traballo podería diminuír a mortalidade por causas cardiovasculares nun 8%.

En segundo lugar, ter en conta a evolución técnica e organizativa do mundo do traballo, no que cada vez é máis difícil a realización de estudos lonxitudinais, necesarios para a avaliación dos efectos que se presentan a longo prazo.

En terceiro lugar, velar para que a actividade laboral non agrave patoloxías preexistentes, un aspecto que será cada vez máis importante debido ao progresivo envellecemento da poboación laboral.

E finalmente en cuarto lugar, pero non o menos importante, utilizar o lugar de traballo como ámbito no que desenvolver accións de promoción da saúde.

 

Fonte: Prevención Integral & ORP Conference

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS