Financiado por:
/ Portada / Delegados

A patronal europea mobilízase contra unha proposta de directiva sobre ergonomía laboral

07-06-2012 - ERGONOMÍA

Nove asociacións empresariais europeas uníronse para mostrar o seu rexeitamento á adopción dunha directiva europea sobre prevención de riscos ergonómicos no traballo. A protesta da patronal realizouse a través dunha carta dirixida ao vicepresidente da Comisión Europea e responsable de industria, Antonio Tajani e a László Andor, comisionado de asuntos sociais. As organizacións empresariais opóñense á adopción de ningunha lexislación específica de ergonomía laboral.

As patronais afirman que a directiva non é "nin necesaria nin desexable" e repiten como un mantra que impoñerá unha carga de traballo administrativo e un esforzo investidor inabordable para as empresas europeas, especialmente as PEME e microempresas.

Todo iso a pesar de que a Comisión Europea recoñece que os trastornos musculoesqueléticos son a principal causa de ausencia do traballo: a metade de todas as baixas de máis de tres días e un 60% das incapacidades permanentes débense a un problema musculoesquelético.

Segundo, a Enquisa Europea de Condicións de traballo de 2010, un 46% dos traballadores europeos quéixanse de dor de costas e un 43% ten problemas musculares en ombros, colo e antebrazos.


A patronal afirma que os custos empresariais de implantar a directiva ascenderían a 3.7 billóns de euros. Estas cifras obtívoas a patronal a partir dun estudo realizado por unha consultora externa. A consultora non fai ningunha mención ao custo que ten a non prevención dos problemas musculoesqueléticos. Un custos que segundo estimacións da Comisión Europea, supoñería para os estados membros, entre un 2,6 e un 3,8% do Produto Interior Bruto.


O proceso de tramitación da directiva á que agora se opón a patronal se inicio no ano 2000. Dende entón o Parlamento Europeo solicitou na Comisión unha proposta de directiva. Tras anos de laboriosas discusións a Comisión presentou un borrador inicial en xaneiro de 2010. Unha proposta oficial debería chegar en xuño de 2010 se a Comisión Europea non cede ás presións da patronal.

 

Fonte: ISTAS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS