Financiado por:
/ Portada / Delegados

A exposición a pesticidas aumenta o risco de sufrir diabete tipo 2

29-01-2013 - HIXIENE

Un estudo da Universidade de Granada revelou que existe unha clara relación entre a exposición a pesticidas que se inxiren a través dos alimentos, o aire ou a auga, e a prevalencia de diabete tipo 2 en persoas adultas, con independencia do seu sexo, idade ou masa corporal.

Os pesticidas (Compostos Orgánicos Persistentes, COPs), tenden a acumularse na graxa do corpo humano e poderían ser unha das causas polas que as persoas obesas teñen máis posibilidades de desenvolver diabete dado que, ao ter máis cantidade de graxa, acumulan unha maior cantidade destas substancias.

Nun artigo publicado no último número da revista "Environmental Research", do que informa hoxe a Universidade de Granada, os científicos demostran que as persoas con maiores concentracións do composto DDE, principal metabolito do praguicida DDT, teñen catro veces máis risco de desenvolver diabetes tipo 2 con respecto ás que presentan niveis máis baixos.

Para levar a cabo esta investigación, os científicos analizaron un grupo seleccionado de COPs no tecido adiposo de 386 persoas adultas que acudiron aos hospitais San Cecilio de Granada e Santa Ana de Motril.

Segundo Juan Pedro Arrebola, investigador da Universidade e do Hospital San Cecilio de Granada, e un dos autores do traballo, "o tecido adiposo humano (comunmente chamado graxa) actúa como reservorio enerxético e ten unha grande importancia metabólica no organismo", pero tamén posúe a capacidade de almacenar substancias potencialmente tóxicas, entre elas os chamados Compostos Orgánicos Persistentes.

Isto converte á medida destes residuos en graxa nun "excelente indicador" da exposición histórica dunha persoa a COPs, que comprenden a un grupo de substancias químicas de características moi diversas, presentes en mesturas de praguicidas, residuos de actividades industriais ou materiais de construción, entre outros, e penetran no organismo principalmente pola dieta, pero tamén por inhalación ou a través da pel.

Arrebola advirte de que o mecanismo de acción polo que os COPs aumentarían o risco de padecer diabete "non" se coñece aínda, ademais algúns investigadores suxeriron que estes compostos poderían provocar unha resposta inmune tras a súa unión aos receptores de estróxenos en tecidos relacionados con metabolismo dos azucres".

A prevalencia de diabete no mundo aumentou significativamente nas últimas décadas e estímase que para 2030 o 4,4% da poboación mundial sufrirá este trastorno, o que terá "graves consecuencias" nos programas de saúde pública porque ocupará unha parte importante dos recursos, precisa.

Na investigación participaron científicos do Hospital Universitario San Cecilio de Granada, a Universidade de Granada, a Escola Andaluza de Saúde Pública, o Hospital Santa Ana de Motril e o Institut Hospital del Mar d'Investigacions Mèdiques de Barcelona, e supón, en palabras dos seus autores, "un bo exemplo da investigación clínica actual centrada en enfermidades frecuentes e de alto impacto en saúde".

 

Fonte: elconfidencial.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS