Financiado por:
/ Portada / Delegados

A OMS prepara recomendacións para previr os riscos laborais non emprego de nanomateriais

20-11-2014 - HIXIENE

Os traballadores de todos os países enfróntanse a novos riscos derivados do rápido avance das novas tecnoloxías baseadas nas aplicacións das estruturas atómicas de escala nanométrica coñecidas como nanomateriais

A Asemblea Mundial da Saúde identificou a avaliación dos impactos na saúde das novas tecnoloxías, procesos de traballo e produtos como unha das actividades previstas no Plan de Acción Mundial sobre a Saúde dos Traballadores, aprobado en 2007, e a Rede Mundial de Centros Colaboradores da OMS en Saúde Ocupacional seleccionou as nanopartículas artificiais como un elemento clave da súa actividade.

Para facer fronte aos riscos laborais dos nanomateriais, a OMS está a elaborar directrices sobre a "protección dos traballadores fronte aos riscos potenciais dos nanomateriais artificiais" (OMS / NANOH). Estas directrices teñen por obxecto facilitar melloras na saúde e seguridade dos traballadores que poderían estar expostos aos nanomateriais nunha ampla gama de ámbitos laborais. As directrices incorporarán elementos de avaliación de riscos e xestión de riscos e aspectos contextuais. Iso permitiría dispoñer de recomendacións para mellorar a seguridade e protexer a saúde dos traballadores que utilizan os nanomateriais en todos os países e en especial nos países de baixos e medianos ingresos.

A elaboración das Directrices da OMS NANOH está financiada actualmente por medio de contribucións en especie da OMS, o NIOSH norteamericanos e expertos mundiais dunha ampla gama de países e organizacións. Hai unha necesidade crítica de fondos externos para apoiar unha ampla gama de actividades relacionadas co proxecto, tales como facilitar a participación de expertos nas reunións do proxecto, e o patrocinio da celebración de reunións de expertos, a redacción e a tradución de directrices e documentos de implementación e probas piloto.

Estas actividades estarán repartidas en dous anos a partir de 2012 para o desenvolvemento das directrices, cun ano adicional para a fase de implementación.

 

Fonte: OMS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS