Financiado por:
/ Portada / Delegados

A OMS declara o diésel canceríxeno

15-06-2012 - Hixiene

Os científicos dispoñen de suficientes evidencias para asegurar que a exposición a ese tipo de emisións está "asociada cun incremento do risco de cancro de pulmón", indicou a IARC (International Agency for research on cancer) nun comunicado tras unha reunión de expertos internacionais celebrada en Lyon (leste de Francia) durante os últimos días. Estes consideran, ademais, que existen "probas limitadas" de que as emisións dese tipo de motores poden tamén incrementar o risco de cancro de vejiga.

O presidente do grupo de traballo da IARC, Christopher Portier, declarou que a decisión dos expertos foi "unánime" e que "as emisións dos tubos de escape dos diesel causan cancro de pulmón nos humanos". "Dados os impactos adicionais para a saúde humana das partículas dos motores diesel, a exposición a esta mestura de produtos químicos debería reducirse no mundo enteiro", alertou Portier, quen indicou que o anuncio da OMS supón un "sinal forte para a saúde pública".

 Os expertos centráronse en mostras de persoas con traballos que implican altos niveis de exposición, aínda que lembraron que outros estudos similares apuntan que os resultados obtidos neses grupos moi sensibles adoitan verse despois referendados polo impacto no conxunto da poboación. "Por tanto, as accións para reducir a exposición debe englobar tanto aos traballadores como á poboación xeral", precisou no mesmo comunicado Kurt Straif, un dos científicos congregados en Lyon.

 O perigo da exposición ás emisións non se reduce aos tubos de escape dos coches, senón que afecta ademais a outros motores, como os dos barcos e trens diesel, engade a nota da IARC. "Esta énfase necesítase a nivel global, incluíndo ás poboacións máis vulnerables dos países en desenvolvemento onde, doutro xeito, levaría anos adoptar novas tecnoloxías e medidas de protección", engadiu a axencia.

 A crecente sensibilidade ambiental nas dúas últimas décadas derivou en accións reguladoras en Norteamérica e Europa, entre outras áreas, con exitosos estándares para reducir as emisións tanto dos motores diesel como as dos que funcionan con gasolina, sinalou esa axencia da OMS. "No entanto, mentres a cantidade de partículas e axentes químicos redúcese con estes cambios (tecnolóxicos), non está do todo claro como estes cambios poden afectar á saúde, en termos cualitativos e cuantitativos", agregou a IARC. Os científicos reafirmaron ademais que as emisións dos motores de gasolina tamén poden resultar cancerígenas para os seres humanos, tal e como se estipulou nunha avaliación previa en 1989.

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS