Financiado por:
/ Portada / Delegados

A Inspección de Traballo recoñece un ictus ocorrido no traballo como accidente de traballo

15-02-2016 - ACCIDENTE DE TRABALLO

A Inspección de Traballo e Seguridade Social, considerou como accidente laboral o ictus cerebral que sufriu un avogado da asesoría xurídica do Servizo Madrileño de Saúde, e que derivou no seu falecemento, tres meses e medio despois.

Os feitos ocurriron cando o avogado, que estaba na súa oficina e en horario laboral, empezou a sentir mareos e dificultade para falar. Dende alí foi trasladado ao hospital, onde lle diagnosticaron un ictus cerebral isquémico.

A Administración da que dependía o falecido cualificou os feitos como continxencia de carácter común sen admitir a condición de accidente profesional.

A inspección de Traballo lembra no seu informe que existe "unha consolidada xurisprudencia que determina que sería a parte que se opón á devandita cualificación (accidente de traballo) a que tería que probar que o accidente non ten ningunha relación co traballo"; e lembra tamén que segundo o artigo 115.3 da Lei Xeral da Seguridade Social, unha lesión é considerada accidente de traballo cando ocorre durante o tempo e lugar de traballo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS