Financiado por:
/ Portada / Delegados

A Comunidade de Murcia impón a FEVE unha multa por falta de medidas de seguridade

14-09-2012 - SEGURIDADE

A empresa Ferrocarriles de Vía Estreita (FEVE) foi sancionada cunha multa de 40.986 euros "por unha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais", segundo se recolle na resolución.

O acordo sancionador, que foi declarado firme, indica que responde á acta de infracción que a Inspección de Traballo e Seguridade Social da Comunidade Autónoma levantou o 31 de xaneiro de 2008 por causas que non se recollen na resolución.


A Dirección Xeral de Traballo da Comunidade indica no acordo que acordou a publicación da sanción, que, ademais, será inscrita no rexistro correspondente e na páxina web da Consellaría de Educación, Formación e Emprego.


A anotación será cancelada cando transcorran cinco anos da publicación, engádese.


FEVE dispón do prazo dun mes para presentar un recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Formación e Emprego.

Por outra parte, o mesmo organismo rexional impuxo sancións que van de 2.046 euros a 6.251 euros a empresas con sede en Cartagena, Mazarrón, Alicante e Valencia por falta de medidas de prevención de riscos laborais.


Fonte: finanzas.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS