Financiado por:
/ Portada / Delegados

A CIG participará no 9º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL

02-04-2014 - 9 E 10 DE ABRIL DE 2014

Os vindeiros días 9 e 10 de abril, celébrase en Ourense a novena edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral. A CIG estará presente en PREVISEL, a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e coa organización da Xornada Formativa: "Control e seguimento das incapacidades temporais por parte das Mutuas: Anteproxecto de Lei".

A xornada terá lugar o día 10 de abril, con inicio previsto ás 10:00 horas;  contará coa participación como ponentes de  Luís Burgos Díaz, Representante da CIG  no Consello Económico e Social e no Fondo de Reserva da Seguridade Social, José Fernández Borque, Médico Especialista en Mediciña do Traballo e Valoración do dano corporal do ISSGA, Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible,  Liliana Lafuente Acuña, Técnica de Prevención de Riesgos laborais do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, Francisco Moral Rodríguez, responsable de Saúde Laboral de  CIG-Ourense e Etelvino Blanco Rodríguez, Secretario Comarcal da CIG-Ourense.

No expositor que representará á CIG no salón, teredes a disposición as publicacións realizadas nos últimos anos polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

O horario de apertura de PREVISEL será  de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.  o día  9 de abril e de 10:00 a 14:00 horas o día 10 de abril.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS