Financiado por:
/ Portada / Delegados

A CIG participa no 10º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL.

06-02-2015 - 10 e 11 de febreiro de 2015

Os vindeiros días 10 e 11 de febreiro, terá lugar en Ourense a décima edición do Salón da Prevención e a Seguridade Laboral, PREVISEL. A CIG estará presente a través do expositor para o intercambio de información e o contacto co público asistente e da organización da Xornada Formativa: "A acción da/o delegada/o de prevención: unha necesidade".

A xornada terá lugar o día 11 de febreiro, con inicio previsto ás 10:00 horas;  contará coa participación como ponentes de  Manuel Barbosa Piramé, membro do comité da empresa Faurecia Asientos de Galicia, S.L., César Blanco López, ex traballador do sector da pizarra, membro do comité de empresa de IROSA, Filomena Cid Conde, delegada de prevención e membro do comité de empresa Sociedad Textil Lonia, Alfonso Tellado Sande, xubilado de Bazán e anterior director do Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, Ramón Tojeiro Díaz, traballador do sector naval e presidente da Asociación Galega de Vítimas do Amianto, AGAVIDA,  Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostible,  Liliana Lafuente Acuña, Técnica de Prevención de Riesgos laborais do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e Etelvino Blanco Rodríguez, Secretario Comarcal da CIG-Ourense.

No expositor que representará á CIG no salón, teredes a disposición as publicacións realizadas nos últimos anos polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

O horario de apertura de PREVISEL será  de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 h.  o día  10 de febreiro e de 10:00 a 14:00 horas o día 11 de febreiro.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS