Financiado por:
/ Portada / Delegados

8 de cada 10 Europeos enquisados opina que o estrés no posto de traballo está a aumentar

12-04-2012 - PSICOSOCIAL

O estrés de orixe laboral é motivo de preocupación para a gran maioría dos traballadores europeos, segundo se conclúe na II Sondaxe de opinión paneuropeo sobre a seguridade e a saúde no traballo.

Na enquisa, realizada por Ipsos MORI en nome da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA), analizáronse as opinións de máis de 35 000 cidadáns de 36 países europeos acerca de cuestións contemporáneas asociadas ao lugar de traballo, como o estrés de orixe laboral, e a importancia da seguridade e a saúde no traballo para a competitividade económica, e no contexto dunhas vidas laborais de maior duración.

Oito de cada dez traballadores de toda Europa cren que a cifra de persoas que sufrirán estrés de orixe laboral no próximos cinco anos aumentará (80%), e un 52% prevé que tal incremento será notable. Trátase de conclusións acordes coas extraídas na enquisa ESENER da EU-OSHA sobre riscos novos e emerxentes no lugar de traballo, na que se determinou que o 79% dos directivos considera que o estrés constitúe un problema nas súas organizacións, o que coloca a este trastorno nun nivel de importancia similar ao dos accidentes laborais para as empresas.

 O estrés de orixe laboral é un dos maiores retos en materia de saúde e seguridade que afronta Europa, e representa un enorme custo tanto no que se refire ao sufrimento humano, como ao rendemento económico. Segundo a sondaxe, a gran maioría dos europeos (86%) convén en que a observancia dunhas boas prácticas no terreo da seguridade e a saúde é necesaria para a competitividade económica do país, e un 56% declárase plenamente de acordo con tal afirmación. As opinións son similares no caso dos traballadores, e no dos que non traballan (o 86 e o 85% móstranse de acordo, respectivamente).

 

Fonte de Datos: Ipsos-Mori

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS