Financiado por:
/ Portada / Delegados

3.800 médicos esixen á ministra de Sanidade que deteña o dano sanitario dos pesticidas

28-02-2014 - SAÚDE LABORAL

Os Ministerios de Sanidade, Agricultura e Industria, baixo calquera cor política, despreocúpanse da saúde da poboación. A súa pasividade levou á Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitario (SESPAS), que reúne a 12 sociedades científicas e 3.800 médicos e científicos, a esixir á ministra de Sanidade e ás autoridades da Unión Europea que actúen contra o dano dos pesticidas na poboación.

"Estamos a vivir as consecuencias da perda de calidade democrática o que se traduce na inactividade das sociedades (cómplices de intereses) que teñen que defender a saúde da poboación", sinala Idelfonso Ramírez, presidente de SESPAS. Isto explica, ao seu xuízo, a pasividade das axencias europeas que, en lugar de velar polos cidadáns, se someten ás presións do lobby químico que frea a regulación e a implantación de políticas para reducir riscos.

SESPAS pide á ministra Ana Mato e á Comisión Europea unha regulación máis estrita dos disruptores endócrinos pola ameaza que supoñen para a saúde da poboación. Os disruptores endócrinos son produtos químicos compoñentes de multitude de produtos de uso diario. A súa incorporación ao organismo humano pode producir problemas de saúde reprodutiva (infertilidade, malformacións conxénitas), tumores e outras enfermidades en órganos hormono-dependentes (mama, próstata, testículo, tiroide), enfermidades metabólicas (diabete, obesidade), enfermidades inmunolóxicas e alteracións no desenvolvemento do sistema neurolóxico, entre outras. Ademais dos efectos directos na saúde humana estes contaminantes teñen efectos negativos no medio.

"A defensa da saúde da poboación non está entre as preocupacións dos ministerios. Unicamente se pode facer unha excepción co Ministerio de Medio Ambiente de Cristina Narbona que asinou o Convenio con Estocolmo sobre contaminantes orgánicos persistentes. Pero unha vez aprobado en Consello de Ministros nunca saíu do caixón", denuncia Miquel Porta, catedrático de Saúde Pública da Universidade Autónoma de Barcelona e voceiro de SESPAS. Porta fai extensiva a súa denuncia ás consellarías das comunidades autónomas ás que tamén acusa de pasividade. "Tras longos debates na UE parece que por fin conseguimos que os toxicólogos deixen de desprezar os expertos en epidemioloxía clínica. Imponse a obriga de realizar análise pola exposición ambiental dos traballadores", sinala Nicolás Olea, catedrático de Radioloxía da Universidade de Granada.

"Aínda que os pesticidas non son a única causa, queremos manifestar publicamente a nosa vontade de facer fronte aos perigos destes produtos. Parece que hai unha asociación positiva entre a exposición ocupacional aos pesticidas e certas enfermidades en adultos: Parkinson, cancro de próstata e algúns cancros hematopoiéticos (linfoma non Hodgkin, mieloma múltiple)", advirten 1.200 médicos de Francia e o Caribe que alertan do dano dos pesticidas na saúde dos cidadáns nunha declaración efectuada o 31 de xaneiro. No manifesto que subscriben solicitan o recoñecemento de novos cadros de enfermidades profesionais agrícolas cuxa aparición está relacionada coa exposición aos pesticidas. Ademais esixen ao Estado francés e á Unión Europea que demostren que tomaron as medidas de seguridade pertinentes.

 

Fonte: a Celosía

Carta dos médicos españois

Alerta dos médicos franceses

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS