Financiado por:
/ Portada / Delegados

É posible reducir a exposición aos campos electromagnéticos?

03-04-2013 - HIXIENE

Un grupo de dezasete operadoras de redes móbiles, provedores, institutos científicos e centros de investigación puxo en marcha LEXNET ("Low EMF Exposure Future Networks"), un proxecto financiado con fondos europeos deseñado para xerar mecanismos efectivos que reduzan á metade a exposición aos campos electromagnéticos sen prexuízo para a calidade do servizo.

Cada vez son máis comúns as aplicacións domésticas e móbiles dos sistemas de comunicación inarámica que empregan campos electromagnéticos. Aínda que non se demostrou que exerzan un efecto negativo sobre a saúde, persiste certa inquietude ao respecto, tal e como mostra unha enquisa do Eurobarómetro na que se descubriu que un 67% dos enquisados consideraban que os teléfonos móbiles inflúen na saúde.

A pesar da implantación en distintos países de medidas e prácticas destinadas a reducir a exposición a este tipo de campos, estas adoitan ocuparse sobre todo das estacións base de redes móbiles e dos seus puntos de acceso. Agora, un grupo de dezasete operadoras de redes móbiles, provedores, institutos científicos e centros de investigación puxo en marcha LEXNET ("Low EMF Exposure Future Networks"), un proxecto deseñado para xerar mecanismos efectivos que reduzan á metade a exposición aos campos electromagnéticos sen prexuízo para a calidade do servizo.

"Resulta importante estudar solucións innovadoras de baixa exposición ás radiofrecuencias en distintos aspectos, dende os dispositivos de raio ata a arquitectura da rede, pasando polas topoloxías, a xestión e a prestación de servizos", apuntou o Dr. Joe Wiart, coordinador do proxecto LEXNET.

O proxecto establecerá un índice global de exposición co que avaliar a exposición media da poboación en parámetros espaciais e temporais e que abranguerá fontes ascendentes e descendentes. Dende o proxecto tamén se identificarán futuros mecanismos de rede, tecnoloxías, arquitecturas e parámetros que permitirán reducir esta exposición para os humanos.

O proxecto LEXNET recibe fondos do programa de traballo para as "Tecnoloxías da información e a comunicación" do Sétimo Programa Marco (7PM) da Comisión Europea en virtude do obxectivo "Redes do Futuro". Este obxectivo apoia o desenvolvemento de infraestruturas de rede novas con capacidades de converxencia e interoperabilidade entre tecnoloxías de rede heteroxéneas móbiles, fixas e inarámicas para conformar a Internet do futuro.

O proxecto LEXNET iniciouse a principios de novembro de 2012 e estará en marcha durante tres anos.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS