Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe SESPAS sobre crise económica e saúde mental

06-11-2014 - Psicosocial

Os informes SESPAS (Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria) realízanse cada dous anos desde 1998 por profesionais e científicos sobre grandes temas e debates sanitarios e sociais; teñen unha notable proxección sobre a determinación de políticas sociosanitarias no Estado español, o desenvolvemento de estratexias cara á saúde da poboación e están dirixidos ao sistema sanitario. O informe SESPAS 2014, cuxo título é: "Crise económico-financeira e saúde en España. Evidencia e perspectivas" ocupa 146 páxinas e analiza o impacto da crise na saúde e os comportamentos relacionados con ela. Analiza tamén os cambios no sistema sanitario español por mor das medidas adoptadas para afrontar a crise e valorar o seu posible impacto na saúde.

Dentro do informe, nun dos apartados titulado: "Crise económica e saúde mental", estudáronse diversas características de 5.876 pacientes, correspondentes a 1.175 médicos de atención primaria durante o ano 2010, co obxectivo de determinar as consecuencias das crises económicas sobre a saúde dos ciudadanos. Algunhas das conclusións do estudo son as seguientes:


- Os trastornos do estado de ánimo aumentaronun 19% aproximadamente entre 2006 e 2010, os trastornos de ansiedade, un 8%, e os trastornos por abuso de alcol, un 5%.

- O desemprego e os factores asociados están relacionados cunha maior prevalencia de trastornos mentais en xeral e de depresión en particular;
as persoas desempregadas presentan un risco entre dous e sete veces maior de padecer depresión.

- Existe un risco do 3,1% de padecer depresión atribuído ao desemprego.



- Apreciouse un incremento na prevalencia dos trastornos mentais do 21% nas mulleres e do 21,7% nos homes entre os anos 2006 e 2010.



-O incremento relativo dos trastornos mentais entre 2006 e 2010 en España foi do 1,83% en relación coa depresión menor e do 2,34%, en relación coa depresión maior.



- A venda de psicofármacos aumentou un 4% e, en concreto, a venda de antidepresivos aumentou un 10%, aproximadamente.



- O desemprego constitúe o factor de risco máis importante para o aumento da dependencia do alcol nas mulleres durante o período de crise.

 

O informe conclúe con algunhas propostas para reducir o impacto da crise na saúde mental: incrementar os servizos comunitarios e as políticas activas
de emprego, reducir o consumo de alcol, e previr condutas suicidas, en especial, na poboación nova.

Ligazón Informe SESPAS 2014

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS