Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Un total de 555 traballadores faleceron en accidente laboral durante o ano 2012

07-03-2013 - SINISTRALIDADE

Un total de 555 traballadores faleceron en accidente laboral o ano pasado, 161 persoas menos que en 2011, o que en termos relativos implica un descenso neste tipo de sinistros do 22,5%, segundo datos provisionais do Ministerio de Emprego e Seguridade Social recollidos por Europa Press.

Destes falecementos, un total de 444 producíronse durante a xornada de traballo, un 19,4% menos que en 2011, mentres que os 111 restantes foron " in itínere" (os que se producen no traxecto de casa ao traballo e viceversa), cun descenso do 32,7%.

Por sectores, nos servizos faleceron 208 traballadores durante 2012 (-18,1%), na industria producíronse 105 accidentes mortais (-10,3%), na construción morreron 71 traballadores (-41,3%), e na agricultura perderon a vida 60 persoas, un 1,7% máis que en 2011.

Infartos, derramos cerebrais e outras patoloxías non traumáticas causaron a morte de 171 traballadores en 2012, un 19,3% menos que en 2011, mentres que os accidentes de tráfico foron responsables de 78 falecementos, cun descenso do 15,2% respecto ao ano anterior.

Por esmagamentos, amputacións ou quedar atrapados faleceron 56 traballadores (-17,6%), os mesmos que morreron tras chocarse ou golpearse contra obxectos inmóbiles, mentres que por colisións contra obxectos en movemento perderon a vida 32 traballadores (-58,4%).

Emprego precisa que os datos correspondentes ao ano pasado deben interpretarse con "cautela", xa que, mentres que as cifras de 2011 son definitivas, as de 2012 son provisionais debido a que, ao peche da estatística, non se incorporaran todos os accidentes con baixa.

En 2012 rexistráronse 462.060 accidentes laborais con baixa, o que supón un descenso do 20,5% respecto ao número de sinistros rexistrado en 2011, cando houbo 581.150 accidentes.

Do conxunto de sinistros, 400.844 accidentes producíronse no lugar de traballo e 61.216 foron sinistros "in itínere". Os primeiros descenderon un 21,8% respecto a 2011, mentres que os segundos baixaron un 10,7%. Os accidentes leves con baixa no posto de traballo sumaron 396.775 o ano pasado, un 21,8% menos, e os graves alcanzaron os 3.625, un 17,5% menos que en 2011.

No caso dos sinistros "in itínere" rexistráronse 60.107 accidentes de carácter leve (-10,8%) e 998 de gravidade (-1,9%). Por sectores, servizos rexistrou o maior número de accidentes con baixa en xornada de traballo, ao aglutinar 236.860 sinistros (-18,4%), seguido da industria, con 88.951 accidentes (-22,9%); a construción, con 48.943 accidentes (-38%), e o sector agrario, que rexistrou 26.090 sinistros (-7%).

 

lavanguadia.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS