Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Primeiros resultados da VI Enquisa Europea sobre Condicións de Traballo

18-01-2016 - EUROFOUND

Segundo os primerios resultados da VI Enquisa Europea sobre Condicións de Traballo, realizada en 35 países europeos a preto de 43.000 traballadores, o 23% dos traballadores (27% homes fronte ao 19% mulleres) considera que o seu traballo representa un risco para a súa saúde. Esta cifra diminúe dende o ano 2000, cando o 31% dos traballadores europeos consideraba que o seu traballo afaectaba negativamente a súa saúde. Segundo os sindicatos, esta tendencia positiva debe interpretarse con cautela pois as percepcións varían moito segundo o sexo, o país e a idade das persoas enquisadas.

Con respecto á edición de 2010 desta enquisa:

Obsérvase unha diminución das exposicións a ruído e vibracións, ás posturas fatigantes ou dolorosas, aos movementos repetitivos e á manipulación de cargas pesadas.

A exposición a sustancias químicas aumenta (17% fronte ao 15%), así como o contacto con materiais que poderían dara lugar a infeccións. Tamén aumenta lixeiramente o número de traballadores que deben levantar ou desprazar persoas.

No que respecta aos riscos psicosociais, constátase un lixeiro incremento: o 16% das persoas declararon ser vítimas de "comportamento social hostil". Este indicador sintetiza as respostas ás preguntas relativas á violencia verbal, aos comportamentos ameazantes e humillantes, á violencia física e ao acoso moral ou sexual.

A maioría dos traballadores están satisfeitos co seu tempo de traballo (58%), senten o apoio do seu director (58%) e compañeiros (71%) e din que a súa organización motiva a dar o mellor do seu rendemento no traballo (63%).

Mentres que as mulleres directivas están en aumento, a segregación de xénero segue sendo persistente en todo o mercado laboral europeo e os traballadores máis novos experimentan unha maior intensidade do traballo e  precariedade laboral.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS