Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe anual 2013 sobre enfermidades causadas polo traballo

02-06-2014 - Observatorio de enfermidades profesionais e de enfermidades causadas polo traballo

No Estado español o traballo só pode causar dúas clases de enfermidades recoñecidas legalmente (e por tanto indemnizadas) como tales: as enfermidades profesionais (artigo 116 da Lei Xeral da Seguridade Social) e aquelas enfermidades non incluídas na relación de enfermidades profesionais, que contraia o traballador con motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo por causa exclusiva a execución do mesmo, así como as enfermidades ou defectos padecidos con anterioridade polo traballador, que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente. As enfermidades deste segundo grupo recoñécense e indemnizanse en virtude do disposto no artigo 115.2 e) e f) da Lei, equiparándoas aos accidentes de traballo.

Como cada ano na primavera, o Observatorio de Enfermidades Profesionais da Seguridade Social ven de publicar os datos correspondentes ao ano 2013.

O documento está repleto de informacións de interese. Por exemplo, informa de que "O número de activos falecidos en 2013 como consecuencia de enfermidades profesionais iniciadas a partir de 1 de xaneiro de 2007, foi de 7 traballadores. No caso de enfermidades profesionais, o maior número
de falecementos prodúcese unha vez causada unha pensión de Seguridade Social. En 2013 faleceron 326 pensionistas de incapacidade permanente derivada da enfermidade profesional, cunha idade media de 76,48 anos. Deles, 36 eran menores de 65 anos e unha idade media de 58,5 anos. Os restantes 290 tiñan 65 ou máis anos e a súa idade media foi de 78,71 anos". Non se menciona, con todo, se os citados falecementos estaban relacionados coa enfermidade profesional que deu lugar á invalidez.  O documento (100 páxinas, abril 2014), está dispoñible aquí.

Fonte: ergaonline nº 135

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS