Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Enfermidades profesionais en Galiza no segundo trimestre do 2012

14-08-2012 - ISSGA

Os datos correspondentes ao segundo trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados 231 partes de enfermidades profesionais, dos que 128 foron con baixa. Por sexos, 112 dos afectados eran homes e 119 mulleres.

Os sectores dos servizos e da industria son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Nos servizos producíronse 105 casos e na industria 100, seguidos da construción que rexistrou 20 partes, da agricultura con 5 partes e da pesca con 1 caso. No sector servizos as notificacións afectan en moito maior grao ao colectivo feminino e nas rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, a maioría das patoloxías detectadas son provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares.



Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 176 , dos que 72 foron sen baixa, das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supuxeron o maior número de enfermidades deste grupo.



O seguinte grupo é o das enfermidades por inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 29 casos, deles 17 sen baixa. No grupo de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 10 casos, deles 7 sen baixa; no de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 7 partes, deles 3 sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 5 partes, ningún sen baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo catro partes de enfermidade, todos sen baixa.



Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 116, deles 48 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 72 comunicacións, delas 32 sen baixa. En Ourense rexistráronse 27 partes, dos que 16 foron sen baixa. E en Lugo houbo 16 casos, 7 deles sen baixa.

Enlace á información estatítica das enfermidades profesionais de abril-xuño 2012

 

Fonte de Datos: ISSGA

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS