Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

TME de orixe laboral: por que son tan frecuentes e que facer para protexer a traballadores/as e emrpesas?

06-05-2020 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

As últimas investigacións de EU-OSHA estudan por que os trastornos musculoesqueléticos (TME) seguen sendo un gran problema de seguridade e saúde nos lugares de traballo de Europa, a pesar dos esforzos lexislativos para previlos.

A nova revisión atende aos riscos e tendencias de TME novos e emerxentes, os fallos das actuais estratexias de prevención e a forma de mellorar as estratexias de prevención. Estudos de caso complementarios de seis países europeos identifican enfoques globais baseados na evidencia de xestión dos riscos laborais como clave para unha prevención efectiva.

Este traballo forma parte dunha actividade de investigación máis ampla destinada a apoiar a prevención e xestión dos TME relacionados co traballo proporcionando información e orientación fiable ás autoridades nacionais, empresas e organizacións sectoriais e axuda para a formulación de políticas. Os resultados tamén contribúen á nosa Campaña 2020-22 lugares de traballo saudables Relaxemos as cargas.

Ligazón á revisión completa da literatura, consulte o resumo e analice os seis estudos de casos de países e 25 exemplos de políticas

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS