Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Publicado o Plan estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social para o período 2018-2020

19-04-2018 - ITSS

Publicado no BOE o Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2018-2020, aprobado polo Consello de Ministros o 6 de abril de 2018; o plan centrarase na calidade do emprego e dará prioridade a actuacións no ámbito da discriminación por xénero e a brecha salarial, a través de catro eixos de actuación, doce obxectivos e 100 liñas de actuación.

Está previsto que se reforce o control da contratación temporal inxustificada, da contratación a tempo parcial e dos contratos formativos; que se realicen actuacións no ámbito de discriminación por xénero, con campañas específicas, incluíndo as referidas aos plans de igualdade nas empresas, e que se potencie a supervisión da brecha salarial e da negociación colectiva a fin de evitar cláusulas discriminatorias.

O plan tamén prevé actuacións para un maior control das horas traballadas, do tempo de traballo e das subcontratas e as empresas multiservizo, así como a posta en marcha de novas unidades de Inspección especializadas en prevención de riscos laborais, actuacións específicas en relación con falsos autónomos, bolseiros e prácticas non laborais e formación para o emprego.

O Plan Estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social estrutúrase en torno a catro eixos e a doce obxectivos estratéxicos. Á súa vez, os obxectivos se desagregan en cen medidas concretas:

# Eixo 1: Actualización da Organización e Funcionamento.

- Obxectivo 1. Adecuar a organización interna, e fomentar a proxección á sociedade da Inspección de Traballo e Seguridade Social (liñas 1 a 7)

Obxectivo 2. Elaborar unha nova normativa de actuación e funcionamento da Inspección e de colaboración coas CC. AA. e outras institucións relacionadas coa función inspectora. (liñas 8 a 16)

# Eixo 2: Calidade no Servizo.

- Obxectivo 3. Incrementar e mellorar as competencias profesionais, e potenciar a Escola da Inspección como centro de formación e especialización. (liñas 17 a 31)

- Obxectivo 4. Mellorar o Sistema de Información e os medios materiais a disposición da Inspección. (liñas 32 a 43)

- Obxectivo 5. Mellorar a actividade de planificación da actividade inspectora, e determinar os criterios que deben informar a prestación do servizo público Inspección de Traballo e Seguridade Social. (liñas 44 a 52)

# Eixo 3: Eficacia na Actuación.

- Obxectivo 6. Mellorar a garantía de cumprimento da lexislación en materia laboral e de emprego. (liñas 53 a 61)

- Obxectivo 7. Mellorar a garantía de cumprimento da lexislación en materia de igualdade e non discriminación. (liñas 62 a 66)

- Obxectivo 8. Mellorar a garantía de cumprimento da lexislación en materia de saúde e seguridade no traballo. (liñas 67 a 74)

- Obxectivo 9. Mellorar a garantía de cumprimento da lexislación en materia de seguridade social, economía irregular e estranxeiría. (liñas 75 a 88)

- Obxectivo 10. Mellorar a loita contra a fraude transnacional e reforzar a cooperación internacional en materia de inspección. (liñas 89 a 92)

- Obxectivo 11. Mellorar a protección dos traballadores que son obxecto de trata con fins de explotación laboral. (liñas 93 a 95)

# Eixo 4: Asistencia Técnica e Mediación.

- Obxectivo 12. Intensificar a función informativa e de asistencia técnica, e ordenar a función mediadora realizada pola Inspección. (liñas 96 a 100)

Ligazón: Resolución de 11 de abril de 2018, de la Subsecretaría, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 6 de abril de 2018, por el que se aprueba el Plan Estratégico de la Inspección de Trabajo y Seguridad Social para el período 2018-2020

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS