Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Publicada a Norma Internacional ISO 45001 sobre Sistemas de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo

16-03-2018 - ISO

A norma ISO 45001 substituirá á OHSAS 18001, ata agora referencia mundial para a saúde e a seguridade no lugar de traballo. As organizacións que están certificadas con OHSAS 18001 terán tres anos para cumprir coa nova norma ISO 45001, aínda que a certificación de conformidade coa norma ISO 45001 non é un requisito da norma.

A ISO 45001 utiliza os elementos comúns que se atopan en todos os estándares de sistemas de xestión de ISO, Planificar, Facer, Verificar, Actuar ( PDCA), e está deseñada para integrarse con outras normas de sistemas de xestión ISO, asegurando compatibilidade coas novas versións de ISO 9001 (xestión de calidade) e ISO 14001 (xestión ambiental).

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS