Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2021, 2022 e 2023

03-12-2021 - ITSS

Publicado no BOE do 3 de decembro mediante Resoculción de 29 de novembro de 2021 e aprobado polo Consello de Ministros o 16 de novembro de 2021, o Plan fixa un total de corenta obxectivos, que se agrupan en catro eixos básicos e que se desgranan, á súa vez, nun importante número de medidas de actuación concretas.

ÍNDICE:

I.   Cara a un novo modelo de Inspección de traballo e seguridade social

II.   Contexto sociolaboral.

III.   Obxectivos estratéxicos.

Eixo 1. Contribuír á mellora da calidade do emprego, a garantía dos dereitos das persoas traballadoras e a loita contra a precariedade e a fraude en materia laboral e de seguridade social e a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

# Eixo 1.1 Unhas condicións de traballo dignas, seguras e saudables.

- Obxectivo 1. Garantir o pleno e efectivo exercicio dos dereitos laborais e sindicais, loitando contra todo tipo de abuso e fraude en materia laboral.

- Obxectivo 2. Garantir a seguridade e saúde dos traballadores/as, asegurando que se cumpre a normativa en materia de prevención de riscos laborais.

- Obxectivo 3. Aflorar o traballo non declarado e mellorar a protección das persoas que son obxecto de trata con fins de explotación laboral.

- Obxectivo 4. Loitar contra a fraude  transnacional.

# Eixo 1.2 A igualdade e non discriminación no emprego e nas condicións de traballo.

- Obxectivo 5. Garantir a Igualdade e non discriminación por razón de sexo.

- Obxectivo 6. Garantir a Igualdade e non discriminación por outros motivos.

- Obxectivo 7. Creación da Oficina Estatal de Loita contra a Discriminación.

# Eixo 1.3 A sustentabilidade do sistema de seguridade social e o control de axudas públicas en materia de emprego.

- Obxectivo 8. Loitar contra a fraude á Seguridade Social e a cotización indebida de salarios.

- Obxectivo 9. Loitar contra a fraude no goce de prestacións públicas de Seguridade Social, incluído a fraude na utilización dos expedientes de suspensión e redución de xornada.

- Obxectivo 10. Loitar contra a fraude nas axudas públicas en materia de emprego e de formación para o emprego.

- Obxectivo 11. Exercer as competencias en materia de inspección das Mutuas Colaboradoras coa Seguridade Social.

# Eixo 1.4 Actuacións en materia de saúde pública nos centros de traballo durante a pandemia da COVID-19.

- Obxectivo 12. Controlar, en réxime de habilitación legal, as normas para a prevención do contaxio da COVID-19.

Eixo 2. Reforzar as capacidades de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 13. Reforzar o papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social como  garante da prevención de conflitos entre as empresas e as persoas traballadoras.

- Obxectivo 14. Reforzar o papel do informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social nos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión e redución da xornada de traballo.

- Obxectivo 15. Reforzar o papel da Inspección de traballo e seguridade social na contratación temporal.

- Obxectivo 16. Reforzar o papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de salarios.

- Obxectivo 17. Reforzar a actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social nas modificacións substanciais das condicións de traballo máis lesivas para as persoas traballadoras.

- Obxectivo 18. Reforzar o papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social #ante os comportamentos infractores da normativa en materia de tempo de traballo.

- Obxectivo 19. Reforzar as competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia de convenios colectivos.

- Obxectivo 20. Reforzar o Corpo de Subinspectores Laborais.

- Obxectivo 21. Revisión de toda a normativa da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Eixo 3. Fortalecer e modernizar o sistema da inspección de traballo e seguridade social para mellorar a calidade na prestación do servizo aos cidadáns.

# Eixo 3.1 Plan de recursos humanos e fortalecemento da organización do organismo estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 22. Incrementar os recursos humanos e incorporar novos perfís administrativos, técnicos e informáticos.

- Obxectivo 23. Reforzar a estrutura.

- Obxectivo 24. Mellorar o financiamento autónomo do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 25. Mellorar os coñecementos e habilidades das persoas que traballan no Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social, potenciando á Escola da Inspección como instrumento de formación interna e como centro de estudos en materia socio-laboral.

- Obxectivo 26. Asegurar a plena participación das comunidades autónomas no marco establecido pola Lei Ordenadora do Sistema da Inspección de Traballo e Seguridade Social e o Estatuto do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 27. Asegurar a participación das organizacións empresariais e sindicais.

# Eixo 3.2 Mellorar a calidade do servizo público de Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 28. Establecer novos procedementos de auditoría e avaliación interna do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social.

- Obxectivo 29. Organizar e desenvolver a actividade de maneira máis eficiente.

- Obxectivo 30. Mellorar a planificación das actuacións inspectoras, utilizando as ferramentas máis avanzadas de intelixencia artificial.

- Obxectivo 31. Completar a Administración Electrónica interna e externa, a administración electrónica sancionadora e a notificación electrónica.

- Obxectivo 32. Adecuar as infraestruturas, medios materiais, os sistemas, redes, aplicacións e equipamentos informáticos, así como fortalecer a Ferramenta de Loita contra a Fraude.

- Obxectivo 33. Mellorar a comunicación que visibilice a actividade do Organismo Estatal Inspección de Traballo e Seguridade Social na sociedade e entre os operadores do mercado de traballo.

- Obxectivo 34. Implantación da Carta de Servizos do Organismo Estatal  ITSS.

- Obxectivo 35. Completar a adaptación do Organismo Estatal  ITSS á normativa sobre protección de datos e reforzar o compromiso coa transparencia.

- Obxectivo 36. Aprobación dun código ético do persoal da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Eixo 4. Actividade internacional da Inspección de Traballo e Seguridade Social para os anos 2021-2023: promover o traballo decente e reforzar a cooperación internacional na loita contra a fraude.

- Obxectivo 37. Unión Europea.

- Obxectivo 38. Cooperación internacional reforzada.

- Obxectivo 39. Organización Internacional do Traballo.

- Obxectivo 40. Ampliar a cooperación con países latinoamericanos.

IV. Seguimento e avaliación do plan estratéxico da inspección de traballo e seguridade social 2021, 2022 e 2023.


Ligazón á "Resolución de 29 de novembro de 2021, da Secretaría de Estado de Emprego e Economía Social, pola que se publica o Acordo de Consello de Ministros de 16 de novembro de 2021, polo que se aproba o Plan estratéxico da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2021, 2022 e 2023"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS