Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

O Tribunal Supremo ratifica os actos de competencia desleal das mutuas no sector da prevención de riscos laborais

10-03-2014 - Mutuas

A sentenza, de 4 de marzo do presente 2014, falla estimando que as condutas das mutuas denunciadas no expediente en cuestión constituían un falseamiento da libre competencia por actos desleais. Esta denuncia foi interposta en 2007 por ASPA, Asociación de Servizos de Prevención Alleos, ante a Comisión Nacional de Competencia por considerar que as mutuas poderían seguir un conxunto de condutas restritivas da competencia no mercado dos servizos de prevención de riscos laborais entre o período 2002-2005.

Entre estas actuacións estarían: aplicar persoal, investimento en instalacións, equipamentos sanitarios da súa actividade preventiva privada aos fondos da Seguridade Social, establecer ofertas conxuntas con prezos inferiores a custos reais, realizar recoñecementos médicos laborais con cargo á Seguridade Social, etc.
No corpo da sentenza o Tribunal Supremo considera a coherencia da tese nuclear de ASPA "os SPA soportaron, desde a súa creación, a competencia desleal das Mutuas. O mercado creado polas prácticas preventivas non só afecta aos SPA senón que está a prexudicar gravemente á propia prevención de riscos nas empresas, coa lóxica consecuencia dunha desfavorable evolución da sinistralidade", entendendo o TS que estas afirmacións poden reputarse substancialmente avaladas por todas as instancias oficiais e mesmo o propio Consello da Comisión Nacional da Competencia e corresponden á realidade dos feitos que se deducían do expediente.
En palabras do Presidente de ASPA, don Rubén Rodríguez "é unha sentenza xusta, que pon en evidencia a actuación desleal das Matepss no noso sector co prexuízo que causou ás nosas empresas. Confiamos que a mesma sexa detonante para acelerar o proceso de venda das sociedades de prevención regulado no Anteproxecto de Lei de Mutuas."
Esta sentenza publícase en pleno debate sobre o Anteproxecto de Lei de Mutuas, no que entre outros asuntos, a Administración obriga ás Matepss á venda das Sociedades de Prevención de Riscos Laborais.

Fonte: Federación de Servizos de Prevención Alleos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS