Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía sobre a utilización de medicamentos que poden afectar á condución de vehículos e á realización de traballos perigosos

29-04-2020 - Foment do Treball

A presente Guía ten como obxectivo, en primeiro lugar sensibilizar aos profesionais sanitarios, aos técnicos de prevención de riscos laborais, aos empresarios/as, aos traballadores/as, e á poboación xeral sobre os efectos negativos que determinados medicamentos poden ter na condución de vehículos, na realización de traballos perigosos e en actividades de gran transcendencia social que comporten un risco tanto para o propio traballador/a como para terceiras persoas, co fin último de previr as lesións ocasionadas por este tipo de accidentes.

Aínda que existen diversos factores que inflúen en maior ou menor medida, na orixe dos accidentes de tráfico e dos accidentes de traballo, o consumo de medicamentos é obxecto de crecente interese. Non se pode esquecer que os medicamentos teñen un triplo efecto: por unha banda, o efecto beneficioso buscado (terapéutico); por outro, os efectos secundarios; e, en terceiro lugar, os posibles efectos adversos tanto  per se como se se combinan con outro tipo de substancias (interaccións).

Esta guía é unha ampliación das recomendacións do proxecto europeo  DRUID (Driving  under  the  Influence  of  Drugs, Alcol  and  Medicines), do consenso realizado entre profesionais sanitarios e a administración nos Países Baixos, das recomendacións da  International  Pharmaceutical  Federation (FIP), da declaración de Brasília aprobada en novembro de 2015 na Segunda Conferencia Mundial de Alto Nivel sobre Seguridade Viaria, onde se encomenda aos Estados membros que xa adoptasen medidas lexislativas integrais para a utilización do cinto de seguridade, as restricións para nenos ou o uso de cascos, a condución baixo os efectos do alcol ou a velocidade excesiva, a que presten atención a outros factores de risco como as condicións médicas ou medicamentos que poidan afectar á seguridade na condución, e do documento de consenso publicado en España en maio de 2016 sobre medicamentos e condución de vehículos, cuxo texto completo achegamos, así como o texto completo da propia Guía.

A presente Guía ten como obxectivo, en primeiro lugar sensibilizar aos profesionais sanitarios, aos técnicos de prevención de riscos laborais, aos empresarios/as, aos traballadores/as, e á poboación xeral sobre os efectos negativos que determinados medicamentos poden ter na condución de vehículos, na realización de traballos perigosos e en actividades de gran transcendencia social que comporten un risco tanto para o propio traballador/a como para terceiras persoas, co fin último de previr as lesións ocasionadas por este tipo de accidentes.

Un segundo obxectivo é proporcionar unha información adecuada tanto aos profesionais sanitarios, aos técnicos de prevención de riscos laborais, aos empresarios e aos traballadores, como tamén á poboación xeral sobre a influencia dos medicamentos na condución de vehículos e nas actividades laborais perigosas.

A Guía foi redactada por  Pere Sanz  Gallen, doutor en Medicina e Cirurxía e Especialista en Medicina do Traballo,  Prof. Asociado da Unidade de Medicina Legal, Laboral e Toxicoloxía do Departamento de Medicina e Ciencias da Saúde da Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona e experto en Toxicoloxía pola  EUROTOX (Asociación Europea de Toxicoloxía).

Ligazón á Guía sobre a utilización de medicamentos que poden afectar á condución de vehículos e á realización de traballos perigosos

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS