Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Folleto "Factores psicosociais na condución de transporte de viaxeiros por estrada TAXIS"

31-01-2023 - INSST

Neste folleto, o INSST ofrece información sobre os factores de risco psicosocial aos que poden estar expostas as persoas que conducen transporte de viaxeiros por estrada (taxis) e sobre as medidas preventivas que se poden adoptar para eliminar ou minimizar os riscos derivados da realización desta actividade.

Os factores psicosociais son condicións de traballo relacionadas con como se organiza o traballo, en que consiste, como se executa e coas relacións entre persoas e os contextos nos que leva a cabo.

Os factores de risco teñen que ser identificados e eliminados ou avaliados e controlados. A avaliación de riscos debe atender aos factores de risco psicosocial específicos do posto de traballo.

Neste folleto ofrécese información sobre os factores de risco psicosocial aos que poden estar expostas as persoas que conducen transporte de viaxeiros por estrada (taxis) e sobre as medidas preventivas que se poden adoptar para eliminar ou minimizar os riscos derivados da realización desta actividade.

Ligazón ao Folleto "Factores psicosociais na condución de transporte de viaxeiros por estrada TAXIS" - INSST 2022



Factores de risco psicosocial e riscos asociados no sector do transporte por estrada

Este documento aborda cuestións relevantes para a prevención dos riscos psicosociais no ámbito laboral no sector do transporte terrestre por estrada e, de forma especial, na principal actividade asociada ao sector que é a condución de vehículos

O documento estrutúrase en dous bloques: o primeiro, de carácter xeral, é no que se enmarca o sector no seu conxunto e descríbense os factores de risco psicosocial máis comúns e as principais consecuencias para a saúde ás que poden dar orixe e algunhas medidas preventivas que son xerais a todo o sector do transporte; o segundo, estruturado en cinco partes, cada unha das cales corresponde a unha actividade de condución específica, no que se recollen os aspectos psicosociais máis importantes de cada actividade: transporte colectivo por estrada (autobuses), taxis, transporte sanitario por estrada (ambulancias) en canto ao transporte de viaxeiros refírese (transportes especiais no caso das ambulancias), transporte de mercadorías (camións) e mensaxería, paquetería e cargas menores.

Ligazón ao documento Factores de risco psicosocial e riscos asociados no sector do transporte por estrada

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS