Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Estratexia Europea de Seguridade e Saúde 2021-2027

11-01-2021 - A Comisión Europea publicou a primeira Folla de Roteiro a finais de outubro

A Comisión Europea publicou o pasado 29 de outubro a súa folla de roteiro sobre a futura Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo (SSO) 2021-2027. O documento estivo aberto a comentarios ata o 26 de novembro pasado. Neste momento, está aberto o período de consulta pública (de 07 decembro de 2020 a 01 marzo de 2021)

A iniciativa baséase no anterior Marco Estratéxico da UE 2014-2020; así a Comisión ten previsto traballar nos temas incluídos nas estratexias anteriores, como a redución da exposición a substancias perigosas, os accidentes de traballo, riscos emerxentes vinculados ás novas tecnoloxías e incorpora novos temas como a preparación para unha pandemia e as condicións para seguir traballando durante estas. Os medios previstos van desde estimular a coordinación e o intercambio de boas prácticas entre os Estados membros ata fomentar a actualización dos plans nacionais de Seguridade e Saúde no Traballo.

A nova Estratexia podería publicarse no segundo trimestre de 2021.

Ligazón ao texto completo da Folla de roteiro.

 

Ligazón á nova en ec.europa.eu

Ligazón á nova en Eurogip

 

Fontes: ec.europa.eu; eurogip

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS