Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Dispoñibles os resultados da enquisa ESENER - 2 sobre seguridade e saúde no traballo

26-06-2015 - Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo

O 23 de xuño de 2015, a EU-OSHA presentou en Bruxelas ao Parlamento Europeo as principais conclusións da segunda edición da súa Enquisa Europea de Empresas sobre Riscos Novos e Emerxentes ESENER - 2. Logo de realizar entrevistas en preto de 50.000 empresas, a enquisa puxo de manifesto que os factores de riscos relacionados cos trastornos psicosociais e musculoesqueléticos son os que máis afectan a traballadores e traballadoras nos centros de traballo de Europa, e que a avaliación de riscos segue a considerarse a mellor forma de combatilos.

Os resultados da enquisa ofrecen información actualizada sobre a forma na que organizacións públicas e privadas, incluíndo microempresas, perciben e tratan os riscos para a saúde e a seguridade, e cales son os factores impulsores e os obstáculos que atopan para a xestión dos riesgos no  lugar de traballo.

Ligazóns:

Comunicado de prensa

Resumo das conclusións da enquisa ESENER 2 (en 25 linguas da UE)

Exploraión das conclusións mediante a ferramienta de visualización en línea

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS