Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Como poden as estratexias de prevención exitosas a escala da UE ter en conta a diversidade de factores a escala nacional?

24-09-2013 - EU-OSHA

Un informe da Axencia Europea para a Saúde e a Seguridade no Traballo (EU-OSHA) subliña que a UE debe desempeñar un papel evidente no ámbito da saúde e a seguridade no lugar de traballo. Este informe axuda igualmente a explicar por que a Directiva marco 89/391/CEE, que pretende ofrecer un nivel uniforme de protección aos traballadores en todos os Estados membros, aplícase de distintas maneiras na UE.

Este informe, que é un estudo de seguimento da Enquisa europea nas empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER) e titúlase «Análise dos factores que determinan as prácticas de saúde e seguridade no lugar de traballo en diversos Estados membros da UE», describe en detalle a forma en que os factores ambientais determinan os enfoques da xestión da saúde e a seguridade no traballo.

Á parte das cinco grandes categorías de factores determinantes que identifica, o informe revela que o cambio é o contexto ambiental máis común que inflúe na forma en que a lexislación se aplica na práctica en Europa.

Existen importantes diferenzas entre os ámbitos de traballo europeos e estas dependen de factores contextuais máis amplos, como as infraestruturas nacionais e os procesos xa existentes.

A Directora da Axencia, a Dr.a Christa Sedlatschek, recalca a importancia destes descubrimentos: «É esencial recoñecer que cada organización opera nun ámbito específico que afecta ao xeito en que se xestiona na práctica a saúde e seguridade no traballo. Por conseguinte, non cabe esperar que a lexislación se aplique do mesmo xeito en todos os lugares de traballo dos Estados membros. Os responsables políticos da UE deben ter en conta estas diferenzas ao estudar estratexias para o futuro.»

Os resultados do proxecto, ao igual que os datos da ESENER, indican que as disposicións da UE dan lugar a prácticas diferentes en cada lugar de traballo nos Estados membros. Os cinco principais factores que determinan as prácticas en materia de saúde e seguridade no traballo son:

O efecto do primeiro destes factores, a UE, depende das consecuencias dos demais factores clave, que son específicos de cada país. Por conseguinte, o impacto que tiveron ata agora as políticas da UE varía notablemente dun país a outro.

O que os países comparten é un contexto ambiental dinámico que experimentou rápidos cambios nas últimas décadas, provocados, por exemplo, pola globalización e a reestruturación do mercado laboral, os déficit presupostarios e o descenso da sindicalización.

O informe céntrase nos principais ámbitos de interese da ESENER, a saber: a xestión da saúde e seguridade no traballo, a xestión dos riscos psicosociais e a participación dos traballadores e os seus representantes nestes dous ámbitos, e analiza a forma en que o ámbito inflúe nestas tres esferas.

Entre os factores que inflúen no nivel de xestión da saúde e seguridade no traballo nun país encóntranse:

Observouse que a xestión dos riscos psicosociais constitúe un «conxunto avanzado» da xestión da saúde e seguridade no traballo en xeral, e que as organizacións que xestionan ben a saúde e seguridade no traballo tamén xestionan ben os riscos psicosociais.

Non obstante, o estudo demostra claramente que se require unha sólida estratexia de prevención neste ámbito que poida aplicarse por enriba das fronteiras nacionais. A devandita estratexia axudaría a dirixir os esforzos nacionais cara á mellora das prácticas de saúde e seguridade no traballo.

Enlaces:

Lea o informe completo en inglés

Lea o resumo

Anexos técnicos

Visite a páxina web da ESENER

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS