Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña Europea “Seguridade e Saúde en Empresas de Traballo Temporal”

30-01-2018 - ITSS

A Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social creou neste sitio web, unha nova sección informativa relacionada coa Campaña Europea de Inspección para os anos 2017/2018, acordada polo SLIC (Comité de Altos Responsables das Inspeccións de Traballo) da Unión Europea e que se vai centrar na Seguridade e Saúde dos/as traballadores/as temporais nas Empresas de Traballo Temporal.

Esta Campaña Europea ten como obxectivos o control e a promoción da seguridade e saúde dos/as traballadores/as temporais contratados por ETT para ser cedidos a unha EU, así como nos/as traballadores/as que son desprazados a través dunha ETT a empresas usuarias cuxa actividade se desenvolva noutro Estado Membro da Unión Europea.

Neste sitio web pódese consultar diversa documentación como trípticos informativos para traballador, empresa usuaria e ETT; estudos técnicos, ligazóns de interese, normativa e novas.

Ligazón á Campaña Europea “Seguridade e Saúde en Empresas de Traballo Temporal”

Ligazón ao tríptido dirixido ao traballador/a.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS