Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Aprobada a norma ISO 45001

02-02-2018 - ISO

A publicación está prevista para o mes de marzo, momento que marcará a anulación da OSHAS 18001. As empresas certificadas terán tres anos para realizar a migración á ISO 45001. Remata así o proceso iniciado no 2013 pola British Standards Institution (BSI), que presentou unha proposta á Organización Internacióna de Normalización (ISO) para o desenvolvemento dun estándar internacional de saúde e seguridade no traballo baseado na OSHAS 18001.

A ISO 45001 foi desenvolvida durante os últimos 5 anos polo Comité ISO PC 283, formado por máis de 100 expertos de 70 países, entre os que se atopa o Estado español a través da UNE (Asociación Española de Normalización).

A norma, baseada en referencias recoñecidas como a OSHAS 18001, reforza o papel da alta dirección no liderado do Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, como parte da estratexia de negocio; presenta os documentos de xestión máis empregados no mundo, ISO 9001 (Calidade) e ISO 14001 (Medio Ambiente), co que as organizacións xa certificadas nestes referenciales terán máis fácil a súa implantación; Reforza a demostración do cumprimento de requisitos legais e outros que a organización subscriba e o desenvolvemento de indicadores para demostrar a mellora continua; ademais salienta a participación dos traballadores/as en todos os niveis da organización.
A norma, que pode aplicarse a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou actividades, é certificable por unha terceira parte independente.

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS