Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

A participación dos traballadores na xestión da seguridade e a saúde no traballo: probas cualitativas extraídas de ESENER 2

04-04-2017 - Axencia Europea para a seguridade e a saúde no traballo

O estudo céntrase na representación dos intereses de traballadores e traballadoras en materia de seguridade e saúde tal e como a percíben os seus representantes, os compañeiros de traballo e os seus empregadores e superiores. O traballo está baseado nunha serie de entrevistas en profundidade celebradas en 143 centros de traballo de diferentes de sete Estados membros da UE: Bélxica, Estado español, Estonia, Grecia, Países Baixos, Reino Unido e Suecia. Na gran maioría dos casos trátase de centros de traballo que participaron na enquisa ESENER-2. Foron elixidos de forma que se repartisen por igual entre tres grandes sectores (o sector da empresa privada, o sector público e o sector terciario privado) e entre tres tamaños (pequenas, medianas e grandes empresas).

A análise apoiouse nunha revisión da bibliografía e na realización de entrevistas adicionais a enquisados de organizacións crave, así como nunha análise cuantitativa ulterior dos datos pertinentes de ESENER-2.

Dende esta ligazón podes acceder a o resumo do estudo (dispoñible en castelán) e ao texto íntegro (en inglés)

 

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS