Financiado por:
/ Medio ambiente

Shell renuncia ao seu programa de perforación petrolífera no Ártico

06-03-2013 - MEDIO AMBIENTE

Os accidentes acontecidos, que supuxeron miles de millóns de euros en perdas para a compañía, e a presión mundial da campaña #SalvaelArtico, promovida por Greenpeace, entre as causas desta decisión.

O próximo mércores 6 de marzo, Greenpeace lanzará a segunda fase da campaña pola defensa polo Ártico.

A ONG declara a súa satisfacción polo anuncio realizado por Royal Dutch Shell de que a compañía abandona os seus intentos de exploración e explotación en augas abertas do Ártico durante 2013. Shell, compañía que lidera a explotación de petróleo e gas no Ártico, investiu 4.500 millóns de dólares nun proxecto moi arriscado que derivou non só nunha catástrofe económica, senón que podería supoñer unha catástrofe ambiental de dimensións incalculables.

O gran movemento mundial, que ata a data recolleu 2.700.000 firmas, pediu responsabilidade aos líderes da compañía e Greenpeace continuará coa súa campaña para trazar unha liña de "non entrada" no xeo Ártico. O próximo mércores 6 de marzo, Greenpeace lanzará a segunda fase da campaña na que se pretende crear unha gran "cadea humana" virtual arredor do Ártico e comunicaranse os efectos que tería para España non protexer esta última fronteira natural.

Denuncia ambiental

Shell, sen dúbida, continuará cos seus intentos de perforar o próximo ano pero a organización ecoloxista continuará co traballo político e de denuncia ambiental para impedilo. Sendo a compañía líder na perforación destas augas, a súa renuncia non só é a mellor forma de salvagardar este territorio prístino e as comunidades que dependen dos seus recursos naturais, senón que ademais é unha poderosa mensaxe a outras empresas que tamén miran ao polo norte polos seus recursos fósiles.

"Miles de millóns de dólares de investimento de Shell no Ártico perdéronse e o mesmo acontece coa reputación da empresa. Greenpeace advertiu reiteradamente de que subestimaran os enormes desafíos que supón a perforación en Alasca, pero continúa nunha fuxida cara a diante", declarou Pilar Marcos, responsable da campaña Salva o Ártico de Greenpeace España. "Os líderes mundiais, e sobre todo a Administración de Obama, deberían escoitar aos máis de dous millóns de persoas en todo o mundo que piden un Santuario no Ártico coa prohibición permanente da explotación de petróleo", concluíu Marcos.

Shell era, ata a data, a compañía máis preparada para abordar as augas do Ártico, pero o accidente no pasado nadal da plataforma de perforación Kulluk de Shell non era o primeiro accidente que sufrira a xigante petroleira no seu enorme interese por buscar petróleo no Ártico, senón o oitavo dunha longa lista de accidentes. Greenpeace considera que as empresas como Shell non deberían operar nun dos medios naturais máis fráxiles do planeta.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS