Financiado por:
/ Medio ambiente

O Estado español á cola de Europa en relación ao tratamento de residuos

02-04-2014 - RESIDUOS

Segundo o estudo cada cidadán do Estado español orixina unha media de 464 Kg/ano de residuos urbanos dos cales tan só o 27% son reciclados ou utilízanse para elaborar compost.

Segundo os datos publicados por Eurostat a oficina comunitaria de estatísticas con datos de 2012, o Estado español vai á cola en canto ao tratamento de residuos. O 42% dos desehechos xerados en Europa como media son reciclados ou utilízanse para elaborar compost, mentres que o Estado español é un dos países con cifras máis baixas, tan só un 27% dos residuos que se xeran se reciclan ou se compostan.

O estudo de Eurostat revela que cada europeo xerou de media 492 quilos de residuos urbanos en 2012, dos cales 480 quilos foron tratados (un 34% en vertedoiros, un 24% incinerouse, un 27% reciclouse e un 15% converteuse en aboamento).

Este organismo da UE destacou positivamente o aumento na proporción de residuos urbanos que foron reciclados ou compostados nos últimos anos, xa que do 18% de 1995 pasou ao 42% de 2012.

No referente á cantidade de residuos xerados por persoa, o Estado español sitúase na zona media do ranking, dos 28 países da UE, con 464 quilos, cando a media comunitaria é de 492 quilos. O país que máis residuos xera por persoa é Dinamarca (668), seguida de Chipre (663), Luxemburgo (662), Alemaña (611), Malta (589), Irlanda (570), Austria (552), Holanda (551), Francia (534), Italia (529),Finlandia (506), Grecia (503), Reino Unido (472) e Lituania (469).

Os tipos de tratamento destes residuos variaron entre os diferentes Estados membro. De maneira que, a reciclaxe e a compostaxe representaron unha media do 42% na UE, superado por Alemaña (65%), Austria (62%) e Bélxica (57%), Holanda (50%), Eslovenia, Luxemburgo e Suecia (47%), Reino Unido (46%) e Dinamarca e Irlanda (45%).

Neste caso, o Estado español sitúase á cola, posto que soamente recicla ou composta un 27% dos seus residuos urbanos (reciclaxe do 17% e compostaxe do 10%) mentres que un 63% dos residuos foron tratados nun vertedoiro (34% na UE) e un 10% incinerados (24% na UE) no 2012.

 

Fonte: Eurostat

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS