Financiado por:
/ Medio ambiente

Novo máximo sen precedentes dos gases de efecto invernadoiro en 2013

15-09-2014 - CONTAMINACIÓN

Os niveis de dióxido de carbono, causantes do efecto invernadoiro, aumentaron máis entre 2012 e 2013 que durante calquera outro ano dende 1984, segundo se indica no Boletín anual da Organización Meteorolóxica Mundial.

Segundo revela o Boletín anual da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), entre 1990 e 2013 o forzamento radioactivo -que provoca un efecto de quentamento do clima- experimentou un incremento do 34% a causa dos gases de efecto invernadoiro de longa duración, tales como o dióxido de carbono (CO2), o metano (CH4) e o óxido nitroso (N2O).

En 2013 a concentración de CO2 na atmosfera alcanzou o 142% do nivel da era preindustrial (antes de 1750), o de metano o 253% e o de óxido nitroso o 121%.

Así mesmo, as observacións da rede da Vixilancia da Atmosfera Global (VAG) da OMM revelaron que os niveis de CO2 aumentaran máis entre 2012 e 2013 que durante calquera outro ano dende 1984.

Datos preliminares apuntan a que ese aumento posiblemente obedeza á redución da cantidade de CO2 absorbida pola biosfera da Terra, sumado ao incremento constante das emisións dese gas.

"Temos a absoluta certeza de que o clima está a cambiar e de que as condicións meteorolóxicas son cada vez máis extremas debido a actividades humanas como a queima de combustibles fósiles", afirmou o secretario xeral da OMM, Michel Jarraud. O dióxido de carbono -engade- permanece na atmosfera durante centos de anos e no océano aínda moito máis. As emisións de CO2 do pasado, presente e futuro terán un efecto acumulativo tanto no quentamento da Terra coma na acidificación dos océanos. As leis da física non son negociables".

O Boletín da OMM informa sobre os gases de efecto invernadoiro das concentracións atmosféricas, e non das emisións deses gases.

 

Fonte: agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS