Financiado por:
/ Medio ambiente

Máis do oitenta por cento da deforestación que se prevé nos vindeiros anos concentrarase en once emprazamentos

06-05-2015 - Medio ambiente

No informe Bosques Vivos “Living Forest Report” publicado por WWF , precísase que de seguir o ritmo actual en canto a deforestación, poderían destruirse en todo o mundo uns 170 millóns de hectáreas dende 2010 ata 2030, das que máis dun 80% concentrarase en só once lugares.

Os lugares afectados están situados  na Amazonia, o Bosque Atlántico e Gran Chaco, Borneo, o Cerrado brasileiro, Chocó-Darién, a Bacía do Congo, África oriental, Este de Australia, o Gran Mekong, Nova Guinea e Sumatra.

En todas estas zonas viven comunidades indíxenas ; ademáis posúen unha grande  riqueza de flora e fauna, albergando especies en perigo, como o orangután ou o tigre.

O informe examina os lugares nos que é máis probable que se produza unha maior deforestación  a curto prazo, as causas que a provocan e as posibles solucións; a nivel global a causa principal é a expansión da agricultura, incluíndo a pequena agricultura, a produción de aceite de palma e de soia e  a gandeiría comercial; tamén hai que considerar a tala insostíble, os proxectos mineiros, hidroeléctricos, etc que levan consigo a construción de novas estradas.


Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS