Financiado por:
/ Medio ambiente

Desenvolven un sistema intelixente de distribución de enerxía eléctrica

22-04-2013 - ENERXÍA

Investigadores da Universidade de Alicante pertencentes ao grupo de investigación de Informática Industrial e Redes de Computadores desenvolveron e patentaron un innovador sistema que permite reducir o consumo e optimizar a explotación do sistema eléctrico, de maneira que se obtén unha maior eficiencia enerxética e unha redución considerable de custos, e se converte na forma idónea para ámbitos onde a subministración de enerxía flutúa ou é escasa.

Como explica o profesor Juan Manuel García Chamizo, director do grupo de investigación, "a tecnoloxía consiste nun sistema de control de distribución de electricidade baseado en técnicas de intelixencia artificial. É dicir, unha aplicación informática capaz de reproducir os procesos de intelixencia humana e que permite tomar decisións como a selección das fontes de enerxía máis axeitadas; e establecer a que centros de consumo destinalas en cada momento, operar automaticamente, e en función das circunstancias, definir as fontes de enerxía máis rendibles e óptimas, utilizar os centros de almacenamento temporal de enerxía e priorizar, así como habilitar ou deshabilitar os dispositivos de consumo de enerxía,".

A tecnoloxía que se emprega está deseñada para aprender das medidas correctoras introducidas polos usuarios e obter información de fontes externas como Internet (parte meteorolóxico, datas singulares) para aplicar estratexias de xestión aínda máis refinadas. Noutras palabras, "trátase" dunha rede intelixente que transforma as redes existentes nunha rede bidireccional onde enerxía e información flúen" "en ambas as dúas direccións entre xeración e consumidor", engade o profesor García Chamizo.

Deste xeito, é posible integrar as accións dos usuarios que se encontran conectados a ela (provedores de enerxía eléctrica, consumidores e axentes que desempeñen ambos os dous papeis), co fin de conseguir unha subministración eléctrica eficiente, segura e sostible.

"Redúcese a factura da luz, recórtase o consumo e dá aos usuarios máis información sobre o tipo de enerxía que usa, e mesmo permite aos consumidores producir a súa propia enerxía e vendela ás compañías distribuidoras", explica García Chamizo.

Todo o soporte software, que inclúe a programación do sistema de intelixencia artificial, se desenvolveu completamente e realizáronse simulacións para validar o correcto funcionamento do sistema.

Fixéronse probas de validación de escenarios reais en vivendas unifamiliares, vivendas equipadas con catro fontes de enerxía e a xestión dun edificio da Universidade de Alicante.

 

Fonte: ambientum.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS