Financiado por:
/ Medio ambiente

Bruxelas lanza un plan de acción para preservar a auga de europa

12-12-2012 - MEDIO AMBIENTE

A Comisión Europea lanzou o Water Blueprint, un plan de acción para protexer os recursos da auga de Europa, co que se quere asegurar que os cidadáns, a economía e o medio dispoñen de auga de boa calidade para satisfacer as súas necesidades.

Segundo informou a Comisión Europea, o Water Blueprint está composto por un conxunto de ferramentas que os Estados membros poderán utilizar para mellorar a xestión da auga nas diferentes concas hidrográficas, baseadas no acordo de innovación sobre a auga adoptado o pasado mes de maio.

Durante a presentación do plan, Janez Potocnik, comisario de Medio Ambiente, afirmou que esta iniciativa "mostra que comprendemos ben os problemas aos que nos enfrontamos e nos dá unha sólida plataforma para afrontalos.

"Chegou o momento de actuar para levar todas as vantaxes da nosa lexislación e crear oportunidades para solucións innovadoras nas políticas da auga e a súa industria. É necesario un equilibrio sostible entre a demanda e a subministración de auga, tendo en conta as necesidades das persoas e dos ecosistemas naturais dos que dependen", engadiu Potocnik.

Por outro lado, a Comisión Europea recomenda a España que as políticas relativas ao prezo da auga animen a todos os consumidores e sectores económicos a empregar os recursos dun xeito máis eficiente, ademais de computar os custos tanto ambientais coma do propio recurso.

Bruxelas recorda igualmente que, aínda que a data límite era o ano 2009, a maioría dos Plans para a Xestión das Concas Hidrográficas non se adoptaron aínda en España, un feito que "dificulta a implementación da Directiva Marco da Auga (DMA), incluída a determinación de obxectivos e a identificación das medidas necesarias para afrontar os problemas da auga" no noso país.

 

Fonte: eleconomista.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS