Financiado por:
/ Medio ambiente

Bruselas propón obrigar ás grandes empresas a informar sobre riscos ambientais e sociais

19-04-2013 - MEDIO AMBIENTE

A Comisión Europea propuxo unha reforma das normas sobre contabilidade que obrigará ás grandes empresas -aquelas con máis de 500 traballadores- a informar sobre as súas estratexias, riscos e resultados en materia ambiental e social, de respecto dos dereitos humanos, de loita contra a corrupción e o suborno e de diversidade nos consellos de administración.

"Trátase de proporcionar información útil para as empresas, os investidores e a sociedade en xeral, algo moi reclamado pola comunidade de investidores," asegurou o comisario de Mercado Interior, Michel Barnier. As empresas que xa aplican estes requisitos, sostivo, "atraen os traballadores con talento e os conservan e, en última instancia, teñen máis éxito.

O comisario de Mercado Interior xustificou a súa decisión de excluír as empresas con menos de 500 empregados porque "os custos de esixir a súa aplicación ás pemes poderían pesar máis que as vantaxes".

Conforme á proposta, as grandes empresas estarán obrigadas a divulgar información social e ambiental "pertinente e esencial" nos seus informes anuais. Se informar nun ámbito determinado non é pertinente para a empresa, esta estará obrigada a iso, senón unicamente a explicar o motivo de non o facer. Ademais, os datos poden facilitarse a escala do grupo, en lugar de ter que facelo cada empresa pertencente ao grupo.

A medida deixa unha ampla marxe ás empresas no relativo á forma en que consideren máis conveniente divulgar a información pertinente. As empresas poderán utilizar as directrices internacionais ou nacionais que consideren apropiadas (por exemplo, o Pacto Mundial das Nacións Unidas, ISO 26000 ou o código de sostibilidade alemán).

No que respecta á transparencia en materia de diversidade nos consellos de administración, as grandes empresas que cotizan en bolsa terían que proporcionar información sobre a súa política de diversidade (idade, sexo, diversidade xeográfica, formación e experiencia profesional). As empresas que non apliquen unha política de diversidade deberán explicar o motivo.

 

Fonte: Europapress.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS