Financiado por:
/ Medio ambiente

Aprobado o segundo Plan Estatal de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030

02-10-2020 - CAMBIO CLIMÁTICO

O Plan de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030 constitúe o instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada fronte aos efectos do cambio climático no Estado na próxima década. O PNACC define obxectivos, criterios, ámbitos de traballo e liñas de acción para fomentar a adaptación e a resiliencia fronte ao cambio do clima.

O Consello de Ministros, a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, aprobou, o 22 de setembro de 2020, o segundo Plan de Adaptación ao Cambio Climático (PNACC) 2021-2030, unha ferramenta fundamental cara á reconstrución verde de España cuxo principal obxectivo é construír un Estado menos vulnerable, máis seguro e resiliente aos impactos e riscos do cambio climático, capaz de anticipar, de responder e de adaptarse a un contexto de clima cambiante.

A presentación do PNACC 2021-2030 foi un dos compromisos establecidos no acordo de Consello de Ministros do 21 de xaneiro de 2020 polo que se aprobou a Declaración do Goberno ante a emerxencia climática e ambiental. Tras pasar por un amplo proceso participativo, o documento adoptado polo Goberno non só responde á necesidade de adaptarse aos importantes riscos derivados do cambio climático aos que se enfronta España, senón que se aliña coas novas políticas expostas polo Consello Europeo que vinculan a adaptación coas políticas de recuperación fronte á pandemia.

O PNACC configúrase como un instrumento de planificación básico para promover a acción coordinada e coherente, dende unha perspectiva transversal (dende distintos campos), multilateral (por parte de distintos actores) e multinivel (dende distintas escalas territoriais), ante os riscos e ameazas que presenta o cambio climático nos diferentes ámbitos da sociedade. Sen prexuízo das competencias que correspondan ás diversas Administracións Públicas, o PNACC define obxectivos, criterios, ámbitos de aplicación e accións para construír resiliencia, anticipar e minimizar danos, e definir as orientacións para os sectores e a sociedade.

En concreto, define e describe 81 liñas de acción a desenvolver nos diferentes sectores socioeconómicos do país organizadas en 18 ámbitos de traballo entre os que destacan saúde humana, auga e recursos hídricos, patrimonio natural, biodiversidade e áreas protexidas, costas e medio mariño, protección forestal, loita contra a desertificación, agricultura e gandería ou seguridade alimentaria.

Ligazón Plan Estatal de Adaptación ao Cambio Climático 2021-2030

Ligazón ao Acordo do Consello de Ministros polo que se aproba a declaración do goberno ante a emerxencia climática e ambiental

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS