Financiado por:
/ Medio ambiente

A capa de xeo ártico alcanzou un novo récord de extensión mínima durante o inverno

11-04-2016 - CAMBIO CLIMÁTICO

Segundo datos do Centro Nacional de Datos de Xeo e Neve –NSIDC- e da NASA, o xeo do Océano Ártico marcou un novo récord, por segundo ano consecutivo, ao reducir a súa expansión durante o inverno.

A extensión de xeo mariño alcanzou 14,52 millóns de km2 o pasado mes de marzo, menor que a media entre 1981 e 2010 e a máis reducida dende que hai rexistros. O ano pasado o dato foi lixeiramente superior, alcanzando os 14,54 millóns de quilómetros cadrados.

A tendencia descendente está relacionada co quecemento da atmósfera e dos océanos. A perda da capa de xeo mariño no inverno é significativa, aínda que isto non significa necesariamente que no verán tamén haxa outro record de extensión mínima –sinalan os expertos da NASA-, as condicións meteorolóxicas estivais teñen maior impacto no resultado da fusión estacional do xeo que a extensón do máximo invernal. As temperaturas cálidas e as tormentas do verán fan que o xeo se derrita rapidamente, pero se o verán é fresco, retárdase a fusión da masa xeada.

O xeo do Ártico desempeña un papel crave no mantemento da temperatura de todo o planeta. A súa superficie branca reflicte unha luz solar que doutra maneira sería absorbida polo océano. Este efecto é máis relevante no verán que no inverno, cando durante meses non amence no Círculo Polar Ártico. Nos meses máis fríos é cando máis se nota o impacto do xeo que non se creou, xa que as augas abertas quentan a atmósfera ao estar a maior temperatura que o aire.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS