Financiado por:
/ Medio ambiente

2013 será «o ano do aire»

31-01-2013 - Medio ambiente

A contaminación do aire é unha preocupación constante no seo da Unión Europea, dado que, esa contaminación é unha das causas das principais enfermidades pulmonares como o asma e a orixe de máis de 350.000 mortes prematuras ao ano. Nun intento de paliar esta situación a Comisión Europea declarou 2013 o «Ano do aire».

Esta iniciativa, que irá acompañada de propostas para mellorar a calidade do aire en toda Europa, conta coa colaboración da Organización Mundial da Saúde; ambas institucións levarán a cabo unha revisión dos últimos avances científicos acerca dos principais contaminantes atmosféricos e as súas conclusións  presentaranse este mes nun evento titulado «Comprender os efectos sobre a saúde da contaminación atmosférica: avances recentes para orientar as políticas da UE».

Dentro da iniciativa inclúese tamén a consulta que está a levar a cabo a UE aos cidadáns da UE sobre as medidas que eles tomarían para mellorar a calidade do aire en Europa. A consulta estará aberta ata o día 4 de marzo e ten por obxeto recabar ideas e suxestións para mellorar a política sobre a calidade do aire. Os resultados  integraranse nuna revisión exhaustiva das políticas europeas en materia de aire prevista para este mesmo ano.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS